19.11.05
Sempre condón
18.11.05
Despilfarro tolo
Hai que ver como son estes socialistas e estes bloqueiros... unhes poucos meses no goberno e gastan 15 millóns (*) de eurotes en telefonía mobil!!! Deberon chamar a todos os seus amigotes para contarllo.
Asdo:
Xoán de Requeixo
Pd: Ler "con acento" do país e un par de quilos de retranca e outro tanto de ironía fina.
(*) Non lembro exactamente o total ao que ascende... era tan grande.
Cuestións claras
O feito de que a direita española reivindique, trate de actualizar e revisar a figura do vello dictador é un síntoma claro e evidente de que malamente poden abrazar e defender valores e posicionamentos, non xa constitucionais, se non propiamente democráticos.
Aínda dando por descontado que hai xente de ideoloxía conservadora que non ten, nin quere ter, nada que ver co que significou o anterior réxime, hai outros -quizais a maioría- que sinte nostalxia e añoranza da situación política anterior, feito este que se manifesta claramente no actual revisionismo da figura e da historia do dictador e nesa protección descarada dos signos e símbolos que representaron ao anterior sistema.
Baixo a miña modesta visión, sen pretender prender vellos lumes -nunca apagados de todo- direi que esa direita da que falo a día de hoxe ofrece unha mala, moi mala diagnose. Espero estar equivocado.
Asdo.
Xoán de Requeixo
17.11.05
Boa nova
Hoxe recibín a nova de que unha grande amiga miña está esperando o seu primeiro fillo. Debo dicir que non me pillou de sorpresa de todo pq. xa me comentara a idea mais non pensaba eu que o dixera tan en serio. Agora vexo que si!!!
Trouxome unhas pequenas imaxes, unhas borrosas ecografías nas que aparecía o diminuto corpo dun proxecto de persoa de tan só unhas semanas. Quedei algo aquelado pq. nunca até hoxe vira nada parecido.
Non lle comentei nada, non soupen que dicir nin sequera manifestei a máis mínima expresión de ledicia ou sorpresa; dinlle a noraboa dunha maneira algo fría e distante, ritual de contersía, simplemente. Foi como se non fose consciente do que me estaba mostrando.
Pese a iso, agora que o penso fico moi feliz e contente por ela e o seu compañeiro. Alégrome moito.
Asdo.
Fernán da Veiga
Confesións
Confesións
- Ave María purísima…
- Sin pecado concebida… Dime fillo, ¿qué é o que te aflixe?
- Verá Padre,… creo que a pasada fin de semana cometín uns pecados moi graves… ¡pecados capitais Padre!
- ¡¿Cómo dis meu fillo?! ¿qué pecados?, cóntame…
- Verá Padre, o sábado pasado creo que cometín pecado de Soberbia e Avaricia… e ademáis iso levoume a mentir tamén, ¡e de maneira interesada! Padre.
- Iso é moi grave fillo, xa sabes que si cometes algún dos pecados capitais vas direitiño de cabeza o Inferno… pero cóntame, ¿qué é o que aconteceu?
- ¡Ai Padre!, non me asuste,…Pois verá, ese día eu e alguns amigos saimos a rua e puxémonos a pedir a berros que a nosa educación e a nosa relixión fose obrigatoria para todo o mundo, incluso para aqueles que non son relixiosos ou teñen outras crenzas. ¡Cómo se a única verdade do mundo fose a nosa! Non tratamos de difundir a mensaxe da Igrexia, Padre, tratamos de impoñela, tratamos de obrigar a tódolos españois a estudar a relixión católica para poder obter unha educación… ¿non é iso soberbia, Padre?
- Buenooo… depende…
- …e ademáis pedimos que todo o mundo, catolicos, relixiosos, musulmans, ateos, agnósticos,… en fin, tódolos españois pagasen cos cartos de todos a educación católica que nos queremos impoñerlles…iso e soberbia ¿non?... e avaricia tamén.
- Homeeee, eu non diría iso…
- …e por si fose pouco, a soberbia e a avaricia leváronos a mentir… ¡e a insultar Padre!...houbo xente que incluso pediu que queimasen a unha señora do goberno na fogueira, ¡cómo no tempo da inquisición!... eu dixen que si o goberno non pagaba con cartos públicos a educación católica dos meus fillos nun colexio privado estaban coartando a miña liberdade, ¡Ai Padre!, ¡qué mentira tan gorda!, ¡qué soberbia tan grande!,...
- ¡Tranquilo fillo!... non te aflixas…
- …¡Ai meu Deus!, Padre, que iso non é o peor de todo… o peor é que canda min había centos de miles de persoas, pais de familia, homes e mulleres, monxas, políticos,… ¡e ata vinte obispos!,… e todos dicíamos o mesmo, Padre, todos fumos soberbios e avariciosos, todos dixemos mentiras interesadas… ¡Ai Padre!, ¡imos arder todos no Inferno!...
- Pero fill…
- …e ademáis, estou enganándome a min mesmo, Padre, porque fai uns meses apoiei unha manifestación en contra dos matrimonios homosexuais e resulta que…
- ¡Acabouse!, ¡ata aquí chegamos!...
- … pero…
- ¡Nin “pero” nin gaitas!, ¡ninguén vai ir o Inferno!, pero vamos a ver home, ¿para qué está a confesión?...
- Pois…
- Pois para arrepentirte dos teus pecados, ¡qué Deus todo o perdoa!,… ¡que parece mentira que sexas católico Mariano!... ademáis, xa che dixen un cento de veces que non me digas Padre, dime Monseñor, ¡qué para iso son obispo!, ¡e ademáis da capital!
- Sintoo Pad… ¡Monseñor!
- Ademáis, todo o que fagas en beneficio da Santa Iglesia ben feito está, ¿qué me vas a contar?, si eu tamén estaba alí o sábado, así que fai coma min, reza un par de Avemarías e tres Padrenuestros e todo solucionado, xa non hai pecado. Anda fillo, deixa de decir parvadas, e ide pensado na próxima, que agora que a selección conseguiu clasificarse para o mundial, teremos que botarlle a culpa ó do ‘talante’ cando nos eliminen en cuartos.
- Dacordo Monseñor. Moitas gracias.
- Veña pois, Ego te absolvo in nomine Pater et Filli et Espiriti Sancti…
- ¡Amén!
- Amén fillo, ¡ala, vai con Deus!
- Gracias Monseñor
- De nada fillo, de nada… …¡Válgame Dios!, mira que nos saiu “rariño” este rapaz, ¡non, se agora vai resultar que ten escrúpulos e todo!… hai que ver, ¡co ben que o facía José María!
16.11.05
Volta ao rego
Mentres escoito o meu amigo Boss e a súa "Reason to Believe" penso nas malas pasadas que me xoga, ano tras ano, esta fría e escura estación chamada Outono.
Normalmente é o tempo de recuperarse dos estragos causados polo festeiro vrao mais cada vez se torna máis nunha estación morriñenta, escura mais non por iso triste; simplemente un tempo propio, meu, que teño que empregar en exclusiva para min, para atopar un camiño cara onde andar nos vindeiros meses e quizais nos vindeiros anos.
Reflexiono e penso que sería necesario un retiro; agocharme, como fai o oso, nunha cova até que, por fín, chegue o día en que se faga primavera. E se non chega?
Asdo.
Fernán da Veiga.
Pd: Terei que mercalle outra harmónica.
Las dos españas
Después de ver el programa de esta noche en Telecinco de Mercedes Milá, donde se hablaba de los movimientos ultraderechistas que existen en este país, la verdad es que me he preocupado un poco.
La gente parece pensar que la pasada guerra civil española se produjo hace varios siglos en el tiempo, y no se da cuenta que apenas han pasado 70 años. La barbarie que allí se produjo, con miles y miles de muertos, ya parece que se ha ido de la mente de todos. Las ansias de este sector social por recuperar el estado nacido tras dicha matanza son cada vez mayores.
El estado español, a día de hoy, está aplicando medidas aperturistas y progresistas en varios frentes. Hablar de la revisión de los estatutos de autonomía de las comunidades autónomas, las libertades para la comunidad gay, las políticas de integración social para los inmigrantes, la reducción de la influencia católica en la educación, etc., está haciendo que cada vez más la extrema derecha tenga motivos para levantarse y crecer en número.
Por desgracia, la coyuntura internacional no ayuda. El petróleo, que tiene a las economías mundiales presas del pánico ante sus vaivenes de precios, la situación en Francia, que vive una escalada de violencia por el tema de las clases desfavorecidas, o la existencia del terrorismo islámico a nivel mundial son ejemplos que sirven a los derechistas para decir que la democracia está en crisis, y que el mundo desarrollado no funciona como es debido.
Desafortunadamente, la calma chicha que devino tras la transición democrática se está tornando en mar gruesa una vez la sociedad avanza. Todo desarrollo hacia el mañana, todo progreso que desde los estados se está intentando para un mañana mejor está siendo ensombrecido por el auge de la ultraderecha ya no solo en España, sino en Europa. La derecha vuelve a gobernar Alemania, y Le Pen ganará votantes después de ver como está Francia a día de hoy.
Hoy me he asustado, porque veo que las dos españas vuelven a distinguirse cada vez más, y la unidad de la transición está perdiendo adherencia. Me aterroriza que esta ultraderecha pueda llegar a organizarse y destrozar todo lo que, con tanto trabajo, se ha hecho en los últimos años, tras el atraso de la era franquista. Ya empiezan a día de hoy a intentar reescribir la historia, a reflotar la imagen de Franco tras sus 30 años bajo tierra, y esto va a más.
Estoy a favor siempre del progreso, pero empiezo a pensar que este país, en general, no está todavía preparado para ello. Hace falta que pase una generación al menos para que la conciencia ciudadana cambie y deje atrás ese pasado nefasto de la época autárquica. Hay medio país que no deja avanzar al otro medio, y sus amenazas son basadas en la fuerza, que es en lo único que nos ganan.
Espero que todo esto se quede ahí, en minorías poco organizadas, pero soy pesimista. El auge de la extrema derecha está comenzando, y la libertad está amenazada. Espero que la guerra civil haya sido una, y pasada, y no tener que temer una nueva.
15.11.05
Vellos recordos
12.11.05
Ondas do mar de Vigo
O Mini-feudo
A teoría mini-feudalista do Sir de Punta Herminia é moi válida para tentar desviar a atención dos cidadáns, mesmo para facernos sentir agraviados, maltratados por esa cousa que se chama Xunta de Galiza e estender así a idea de que é unha instución que ten por único obxecto roubarlle á nosa urbe todo o poder e prestixio que esta tivo dende os reises católicos até fai pouco tempo.
Voltar, outra vez máis, polos camiños vellos do debate da capitalidade, ou pretender abrir outros novos como iso da creación dunha Axencia Tributaria Coruñesa non teñen máis obxecto que o de poñer unha cortina de fume que tape os moitos problemas polos que atravesa a cidade e camuflar a excéntrica e paranoica política que dende o Pazo de María Pita se está levando a cabo.
Mentres tanto nas outras localidades galegas os políticos -sexan cales sexan as súas cores- aproveitan a principal ferramenta que lles brinda a súa condición de tal -a capacidade de dialogo, a negociación- para tirar o maior proveito posibel das oportunidades que se lles poñen ao alcance da mao.
Levamos padecendo moitos anos o aillamento da política -diría autista mais non quero ofender- de quen infructuosamente pretendeu construir unha "cidade-estado", de tal maneira que ficamos sós, á marxe de calquer plan, de calquer visión de futuro que pretendese ir máis aló da Ponte da Pasaxe.
Aínda hai quen nos quere facer pensar que a culpa é do Mundo pq. xira cara o lado contrario ao del!!!
Asdo.
Xoán de Requeixo.
Negro aniversario
Para que as cousas non se repitan debemos ter fresca a memoria de todo o acontecido durante a traxedia do Petroleiro Prestige.
Cúmplense xa 3 anos dende que todo aquel despropósito aconteceu e hai que seguir facendo o que nos corresponde como xente concienciada -galegos e non galegos-: reclamar que se poñan os medios materiais, persoais, técnicos... que eviten ou minimicen un accidente deste tipo, para que non se convirta no que finalmente foi, unha negra catastrofe.
Para iso, para seguir reclamando, para traballar para que o futuro do Mar -do noso mais tamén o dos outros- non se tiña de negro, temos unha cita ineludibel o día 13 de Santos ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela.
Asdo:
Fernán da Veiga
Máis información: Plataforma Nunca Máis
11.11.05
9.11.05
Teoría Tremendista
Son partidario da teoría de que cando un político non atina co seu discurso é pq. precisamente no seu erro está o seu atino. Dito con outras palabras, un ten esa extraña sensación de que Sarkozy, dun xeito máis ou menos pretendido, está tentando apagar o lume botándolle gasolina.
Traeme á memoria declaracións tan míticas e históricas como aquelas da ministra e o seu Caldiño, as do Sr. Rajoy cos seus "hilitos"... ou, mirando para a outra bancada, aquelas do Sr. Solchaga nas que dicía que España era o sitio onde máis rapidamente un podía facerse rico.
Erros? Non o creo, simplemente estratexia; saben como aproveitar todo, até o terror dunha revolta como a actual da Franza. Xa veremos se mañá ou pasado acaban tirando proveito. Tempo ao tempo.
Asdo.
Xoán de Requeixo.
O trapiño
O conto do trapiño, si, a famosa bandeira española da ensenada do Orzán, ten un custo mensual de arredor de 7.000 eurotes. Iso contando unicamente os salarios dos policias que fan a garda, un total de 6 axentes por día, en diferentes quendas.
Opinións políticas á marxe, penso que é un derroche bochornoso. Espero que a xente reaccione, teña memoria e actúe onde e como o ten que facer. Estou seguro de que vai ser así.
Asdo.
Xoán de Requeixo
8.11.05
Pesadelo
Imaxino que todo o mundo ten, dende a tenra infancia, algún que outro pesadelo recurrente que nos persegue unha e outra vez.
O meu fíxome espertar máis dunha noite e tremer na cama até facerse día, sendo eu cativo, claro. Sempre transcorría da mesma maneira e no mesmo lugar. Eu baixaba unha costa a toda máquina na miña vella bicicleta, por un daqueles camiños de terra, unha corredoira ou pista para os carros, que logo foi lixeiramente ancheada para o paso das modernas máquinas e hoxe, por mor das contendas electorais, está xa asfaltada.
No máis fondo da costa, había unha curva ben pechada e á beira dela, baixo un fermoso carballo, un enorme pozo de auga no que soñei caer e así afogar -dado as miñas poucas dotes natatorias non resulta moi extraño-. Ise soño, ese amarga pesadelo voltou unha e outra vez e non me deixaba tranquilo.
Agora, despois de tanto tempo, aínda sinto un certo arrepio cando paso no meu carro por aquela paraxe. Como se tivese gardado o medo a que finalmente o conto se fixese certo e se tornase realidade. Quizais fose era unha advertencia ou... unha premonición.
Imaxino -xa digo- que cada quen terá os seus temores, fundados ou non. Este foi, e segue a ser en certa medida, o meu.
Asdo.
Fernán da Veiga.
5.11.05
Paradoxo
Non deixa de ser todo un paradoxo que se pense en modificar a Constitución para satisfacer as ansias de igualdade das mulleres -entendo que lóxica, por outra parte, aínda sendo toda unha falacia pq. a igualdade hai que buscala primeiro noutros ámbitos máis terrenais; a familia, o traballo,...- mentres se manteñen na mesma lexislación regulamentos tan anacrónicos e desfasados como o delito de "inxurias ao rei".
Na miña modesta opinión, confesándome abertamente republicano, non se pode falar de igualdade mentres se manteña a coroa e moito menos cando non se pode facer libremente crítica desta institución, dado que a ameaza arbitraria dunha condea deste tipo pendura sobre aquel que a fai.
Un bota en falta a liberdade e a pluralidade que existe na prensa inglesa, afeitos a poñer a caldo a máis de un e a máis de dous da súa particular familia real. Aqui as cousas funcionan doutra maneira, dado que existe un pacto -non sei se obrigado ou voluntario- por parte dos medios, de tal maneira que as críticas feitas veñen case en exclusiva da man do programa "aqui hai tomate" ou da revista "El Jueves".
Así nos vai.
Asdo.
Xoán de Requeixo.
3.11.05
Debate sobre el estatut catalán
Hoy he seguido en la medida de lo posible el debate parlamentario en el Congreso de los diputados sobre el famoso, en los últimos días, estatuto catalán, el cual se pretende cambiar desde el gobierno de esa región española, y donde hoy se debatía si se aceptaba la propuesta antes de comenzar con las enmiendas sobre el texto.
No voy a hacer comentarios ni largos ni jugosos, simplemente me limitaré a hablar de lo que allí vi sobre la gente que allí estaba.
Me parece grave, triste y vergonzoso que determinado partido político se halla limitado a plantar fuego al hemiciclo en vez de aportar cuanto menos propuestas o dar ideas sobre el tema del día. No se puede llegar a un debate parlamentario con la única idea en mente de generar una guerra, cuando nadie quiere batallar contra ti.
Pero, en el fondo, lo que me parece es muy preocupante. Me parece preocupante que en este país, después de toda la historia que tenemos detrás, después de saber lo que ha acontecido y las consecuencias que ello nos ha reportado, haya tanta gente como la que representa el Partido Popular.
Y la verdad, viendo su actitud despótica, altanera y vejatoria para con los demás, me pregunto si todos sus votantes se sienten representados por esa gente. Gente que aprovechó sus turnos de palabra para sembrar minas, para tratar de destruir todo un estado de derecho, para poner a la altura del betún a todo aquél cuya idea de la vida es totalmente la contraria. Gente que, una vez hablaba, se iba de la cámara, quizás para no escuchar como todo el mundo menos ellos les cantaban las verdades, esas que tanto duelen y que es difícil reconocer. Gente que en vez de participar en el debate del día, se limitan a criticar a un gobierno que, sinceramente, pienso que hoy era un partido más con una opinión más dentro de la pluralidad que estaba presente en el Congreso.
Acabo diciendo que si yo hubiese sido uno de los que ha votado al PP, y veo la imagen de antieducación, de soberbia, y de intransigencia que hoy ha demostrado la derecha de este país que ellos representan, me van a perdonar pero la próxima vez miraría bien qué papeleta escoger en unas nuevas elecciones. Porque ante todo, ante los ideales y las políticas a aplicar, está el saber estar y la educación. Representan a todo aquél que los ha votado, y la imagen que dan es la que se interpreta de aquellos que los votan.
Es lo mínimo que se puede exigir y, sinceramente, creo que esta gente, ni eso.
2.11.05
Algo se move na TVG
Seguindo coa temática televisiva do meu compañeiro Paquito gustaríame expresar o meu contento dado que, por fin, a TVG está tomando un rumbo distinto ao acostumado.
Refírome ao feito de suprimir un anacrónico producto televisivo, aquel caduco "Encontros", cunha presentadora feita un cadro de tanta pintura, para por no seu lugar un pequeno espazo adicado aos documentais e produccións cinematográficas galegas e así darlle saída ao enorme número de documentos audiovisuais almacenados durante tan longo periodo de tempo.
De momento os pasos que están dando son cativos e tímidos pero a cadea semella estar disposta a abrirse a unhes horizontes descoñecidos até hoxe e que, sen dúbida, son moito máis próximos aos valores divulgativos e culturais que desde a súa orixe debería representar esta canle.
Asdo.
Fernán da Veiga.
Adiós, Canal +
Pues sí, esta es la última semana de Canal + en la televisión de toda la vida. Muchos años van allá, y mucho nos enriquecimos con él. Descubrimos que ver cine sin publicidad era posible, y de lo más agradable, además de que nos dimos cuenta de que las pelis tardaban menos en llegar del cine a la caja tonta. Aprendimos a ver los partidos de fútbol de los domingos de otra manera, con tecnologías desconocidas en las televisiones públicas. Conocimos series como Friends, aprendimos a ver la vida política y social de otra manera con las Noticias del guiñol, con el que tanto nos reímos y tanto nos enseñó a ver las cosas de otra forma. Comprobamos que las noticias se podían dar con otros formatos, y por qué no decirlo, también fuimos testigos de las primeras películas porno que muchos de nosotros empezamos a conocer en aquellas épocas adolescentes.
El progreso de las tecnologías y los negocios nos van a privar, a partir de la semana que viene, de disfrutar de este buen canal de televisión. Se acabó lo de ver todo eso y más espacios interesantes que había en esta cadena televisiva. Se acabaron los partidos del domingo, la NBA, los guiñoles y todo lo que, a partir del lunes, nos ofrecía este primogénito y famoso canal codificado.
Quién quiera seguir disfrutándolo deberá dejarse más duros en el intento, y dejar las arcas patrimoniales de cada uno todavía más secas. Para mí la televisión no es un bien vital en mi vida, y también paso de dejarme un dineral por estar sentado en un sofá, así que no seré uno de los que se abonen a esa famosa plataforma digital monopolística.
Por ello, escribo esto en señal de agradecimiento a este canal por todo lo que nos ha enseñado en sus años de vida, y siento que no abandone así, sin dejar un sustituto a la altura. Si hasta ahora veía poca televisión, sin duda a partir del lunes la veré mucho menos.
Hasta siempre, Canal +.
Baralles
Me preguntaba hace un rato por qué siempre escribo cosas tristes, y sobre el amor. Casi parece que no tengo más temas que esos. Siempre hay una mujer por medio, siempre hay amor, siempre hay pensamientos mustios, sombríos…
No sabría dar una respuesta. Quizás sea el amor un tema que me encanta plasmar en forma de frases, y como todavía nadie ocupa mi corazón, su textura es triste y sin brillo.
A veces pienso en otras composiciones que puedo hacer, pero es difícil, porque ninguna otra cosa parece motivarme a hacerlo. Es curioso, sin duda, pero así es.
Y ahora relleno estas líneas escribiendo este absurdo pensamiento quizás con la intención de no escribir sobre nada de eso. Pero, lamentablemente, me doy cuenta de que de nuevo hay tristeza en las palabras, pues dicen que no soy capaz de escribir otra cosa.
Pero a la vez parece que no hay amor, que por una vez ninguna chica me guía las manos sobre el teclado. ¿Será cierto? Hasta yo mismo lo dudo. La verdad es que vengo de ver una peli que me ha hecho pensar, y con ese pretexto estoy aquí ahora escribiendo esto.
Sin embargo, es muy probable que, de fondo, una chica se halle oculta tras las letras. Vale, lo admito, es inevitable escribir sin eso.
No añado más a este monólogo de besugo. Creo que ya vale de escribir nada, y aún encima criticarme. A veces, ni sé que es lo que escribo, y otras, ni siquiera lo que pretendo escribir.
Subscrever:
Mensagens (Atom)
