29.1.06
Marieta
Como noutras ocasións, amigo Joaquín, recurro a ti e aos teus compañeiros - Javier Krahe neste caso- para expresar emocións que me acompañan e me acompañarán de aquí en diante. Infelizmente, é certo mais ben orgulloso; diso non quepa dúbida. (*)
Asdo.
Eáns de Cotón
(*) Tamén valía: "...y un alma en oferta que nunca vendimos."
Marieta
Y yo que fui a rondarle
la otra noche a Marieta
la bella, la traidora
había ido a escuchar a Alfredo Krahus
Y yo con mi canción
como un gilipollas, madre
Y yo con mi canción
como un gilipollas, madre
Y entré con el salero
al comedor de Marieta
la bella, la traidora
ya estaba acabando el flan
Y yo allí con la sal
como un gilipollas, madre
Y yo allí con la sal
como un gilipollas.
Y cuando por su santo
le compré una bicicleta
la bella, la traidora
ya se había agenciado un Rolls.
Pegado al manillar
hice el gilipollas, madre
pegado al manillar
hice el gilipollas.
Y le llevé una orquídia
a nuestra cita en la Glorieta
la bella se besaba con un chulo
y apoyada en un farol
Y yo allí con mi flor
como un gilipollas, madre
y yo allí con mi flor
como un gilipollas.
Y cuando ya por fin
fui a degollar a Marieta
la bella, la traidora
de un soponcio
se me había muerto ya.
Y yo con mi puñal
como un gilipollas, madre
y yo con mi puñal
como un gilipollas.
Y lúgubre corrí
al funeral de Marieta
A la bella, la traidora
le dio por resucitar.
Y yo con mi corona
hice el gilipollas, madre
y yo con mi corona
hice el gilipollas.
21.1.06
Foro de Ermua
A verdade é que estes señores teñen unhas opinións moi respeitabeis... vai sendo hora de que fagan o que farian todos os que queren xogar un papel importante na política... preséntense ás eleccións, ou no seu caso, intégrense dunha vez... até entón as súas opinións -e as dalgún que outro xeneral- non terán máis validez que a miña e a de moitos outros cidadáns de a pé.
Iso ten a democracia, non si?
Asdo.
Xoán de Requeixo.
Adeus ás armas
Paradoxo
Resulta particularmente chamativo o feito de que alguén tilde de expolio a devolución aos seus lexítimos propietarios dos documentos anteriormente expoliados, materiais todos eles empregados para a dura represesión tras a guerra incivil.
Sen ánimo de censurar ou criticar aos amigos salmantinos modestamente lles recomendaría que buscasen novas causas polas que loitar; sen ter que andar á procura de culpabeis e complices cos que xustificar os seus propios males.
Todos sabemos como os politicastros de turno, como o noso Sir P. (de Punta Heminia, enténdase), expertos en tapar os seus propios erros afondando nas feridas dos demais.
Mala política esa. Non se deixen enganar.
Asdo.
Xoán de Requeixo
9.1.06
Europea bendición
Creo que non son o único que sinte unha gratitude infinita cara os políticos que un día decidiron meternos na Europa; imaxino que daquelas non eran conscientes do gran favor que nos facian, non o digo pola situación de suposta "bonanza" económica, pola mellora na "xustiza social", non, non vou tan lonxe; digoo simplemente pq. se non fose por estarmos dentro "de esta nuestra comunidad" moi probalmente a estas alturas o panorama democrático en España sería unha antigualla, outra volta pasaría a ser un mero recordo, unha triste lembranza como a 2ª República.
Pese a todo, a pota do caldo leva tempo quecendo, comeza a ferver e está piques de derramarse, como xa pasara noutrora. Espero que haxa alguén coa suficiente intelixencia e temple para saber apagar ese lume tan acendido.
Sei que do Mariano Rajoy, esa besta parda disfrazada de manso cachorriño, non se pode esperar nada, polo menos, nada bon.
Asdo.
Xoán de Requeixo
8.1.06
Censura cinematográfica
Este asunto chama a atención sobremaneira. Resulta que este venres, tras dous anos do estreo, ven ás pantallas dos cines españois o film "Lutero", do realizador alemán Eric Till. Esta superproducción alemana, que custou 21 millóns de euros, e alcanzou os 30 millóns de recadación en toda Europa, tarda curiosamente dous anos en vir eiquí, e iso sí, nos cines, imos dicir, "residuais" das cidades, coma é o caso dos Multicines Norte en Vigo, a día de hoxe podemos dicir q a "sala indie" do cine en Vigo.
¿Censura ou risco de mala taquilla?
Cando lin a nova, acordeime de inmediato doutro caso similar. A obra "Amén", do grego Costa Gavras, que falaba po papel da igrexa durante o auxe do III Reich -non moi ben, por certo- tivo un periplo moi similar: só estivo unha semana nos citados Multicines Norte, e nada máis. Lembro de ir vela, e estar 5 persoas na sala. ¿Será que a ninguén lle interesa o cine non comercial, que non interesa o cine documental, ou se fai todo o posible para que non interese?
A min dende logo húleme moi mal o tema, e casualmente sempre anda a igrexa detrás. Non digo máis, que cada un tire as súas propias conclusións.
Paquito.
7.1.06
Declaracións
As declaracións de xeneral Mena non deixan lugar a dúbidas. Un novo "toque de atención" dun estamento presuntamente moderno e democrático.
Un xa non sabe como é que van rematar as cousas dado o nivel de loucura e paranoia demostrado por curas e militronchos.
Outra volta as mesmas lerias. Mala pinta ten.
Asdo.
Xoán de Requeixo
6.1.06
Gaiteiro!

Ricardo Santos, Gaiteiro!
Excursión
En breve unha expedición alpendreira desprazarase até as lonxanas e frías terras da Alemaña, para rematar na cidade hungara de Budapest. Esperemos que as cousas se tercien como é debido e poidamos desfrutar dunha louca e animada viaxe.
Asdo.
Fernán da Veiga.
Pd: ALguén sabe inglés? alemán? Hungaro? Menos mal que galegos no mundo non faltan.
5.1.06
Chiste de loiras
Non se me alporizen, que o fago con cariño!
Este é o mellor chiste de loiras que lin en moito tempo. Chisco longo, pero merece a pena.
1.1.06
Aventuras de fin de ano
A verdade que un bo paseo de dúas horas, con alcol no lombo en abundancia, de 9 a 11 da mañá tras unha noite de troula da para barallarlle a gusto, ó punto de que prometín polo camiño facer este texto para deixar constancia do ben co pasamos (salvo en algún momentiño que houbo de debate sobre temas que non veñen a conto).
Todo comezou na Joakina, sobre as 01:30 pasadas. Alí tomámoslle a primeira, para irlle templando o corpo, coa idea de adaptalo ó frío da noite e ó tute que ía levar a posteriori.
As seguintes, coido que 4, foron inxeridas no pub onde traballa a miña irmá. Alí xa comezabamos a entrar en quentura. Puiden saudar a algunhas amizades, como se pode observar no link de maís abaixo, e aproveitamos tamén todos nós para inmortalizar o momentos vividos.
http://www.flickr.com/photos/napolimania/
Tamén aproveitei para chamarlle a Barcelona ó meu compañeiro de "celda" en Napoli, co cal botei unhas risas caralludas durante un bo rato, rememorando feitos pasados que fixeron daqueles días en Italia algo inesquecible.
Como dicía, aproveitando que a miña irmá tiña alí a súa cámara, poidemos retratar as caras de cada un de nós, a cada cal máis perxudicado polo levar da vida naqueles intres. Entre mentres, os papaqueixos, coma quen non quería a cousa, ían amenizando o cotarro cada dous por tres da man do mestre Xoán e un menda, como se pode comprobar nas fotos. Non podería enumerar ás veces que foron citados o Sito Miñanco, se tutti le cornutti, ou a farlopa pa la tropa, mais foron bastantes veces.
Pechando o local, marchamos ó Sete Mares, onde o ambiente non era tan bo coma o ano pasado (pouca xente, e poucos alicientes femininos). De todas formas, alí mandámoslles un par delas máis, chegando á conclusión unánime de que todos iamos polo aire. Disto xa non hai testemuñas fotográficas, pero todos damos fe de que así foi.
Tras debatir cousas para acá e para alá, e botarlle uns bailes máis ben escasos, todo hai q dicilo (quizáis por temor a cairlle de cú), marchamos dalí, e fomos na dirección do Planta baixa, en Lepanto. Entre medias, tamén falei con otra amiga de Napoli, esta dende Palencia, e tamén lle botamos unhas risas. Isto rondaba as 7 de mañá, máis ou menos. Que me corrixan se me trabuco.
Chegamos ó Planta, pero unha entrada de 5 eurotes a aquelas alturas da noite, como que non. Así que marchamos cara Churruca á Caverna, que estaba aberta, pero botamos pouco tempo porque Iria necesitaba aire, María quedara non sabemos onde, e o Xoán e maís o que escrebe tomámoslle a "refinitiva" antes de irlle tamén á rúa.
A partir de aí apareceron coñecidos e tal e cual, pero a idea, dada a carga que levabamos nas costas era tomarlle un café ou un chocolate e comerlle algo tamén para combatir mellor a lascarda. Iria optou por tirar para casa, e como María quedou de palique cuns colegas, os mozos fomos cara Gª Barbón a ver onde podiamos botar algo na boca. Rematamos no Oh Vigo, onde nos mandamos un café con leite que soubo a gloria, e unha hamburguesa completa que nin sei a que sabía. Alí apareceu ó rato María con dous carecos que non sei onde os atopou, pero eu polo menos non entrei na conversa pq o corpo xa me estaba pedindo cama.
Rondaban as 9 cando dixen que ata eiquí chegaban as miñas forzas, e decidimos marchar, quedando os carecos sós no local. Supoño que María e Xoán optaron pola opción taxi, mais a miña manía a ese colectivo, e a boa experiencia do ano pasado de irlle a pata para baixar a lascarda, fixeron decidirme polos meus pés como medio de transporte.
Non tiven sorte de que a miña irmá, coma o ano pasado, me recollese de camiño, pois unha chamada súa ás 8 indicaba a súa "pronta" hora de retirada. Armeime de valor, e alá fun, coa cabeza chea de grados, rumbo á camiña querida.
Polo camiño vin de todo. Dous rapaces, ben intencionados eles, levaban coma podían a unha moza de bo ver en brazos. A pobre non podía co lombo, pero estes mozos, na súa boa fe, colleron á moza de tal forma que a saia que levaba non era suficiente para taparlle os seus encantos, lucindo, para agrado de todos os que iamos por detrás, un tanguita de morrer coas botas postas. Mentiría se non dixese que pola miña cabeza naquel estado pasou a idea de "alzarlle unha man pola patria e deixar alí o meu selo", pero ó final pensei que sería mellor que tan só o imaxinase.
Tamén vin xente nas paradas de autobús durmindo, outros tirados entre os coches e un charco de "sustancia estomacal" adornando o lienzo, mozos que se axudaban entre eles a dar un pasiño máis, en definitiva, toda unha caravana de bébedos na súa peor versión festiva.
Puiden comprobar que eu ía peor co ano pasado, pq ó chegar ás Travesas aínda me notaba no aire (xa menos, pero o ano pasado lembro que ó chegar alí xa ía como unha rosa). Eran as 10, e uns raios de Sol saudaban dende o ceo.
Entre mentres, non sei pq, vin cantanto "Semilla negra", de Radio Futura, canción que me acompañou durante a viaxe, e viu substituíndo a mítica dos Papaqueixos tan aclamada durante a noite.
Cheguei a casa ás 11. Cruceime con miña nai na rúa, e ben sabía que ata a noite non a volvería ver. Metinme no sobre, e ata as 18:30 non retornei á vida. Cominlle algo despois dunha merecida ducha, e agora eiquí, subindo fotos, e reescribindo o acontecido, vou finiquitar esta velada de risas e alcol dicindo que a noite mereceu a pena, e que o ano que ven esperemos pasalo canto menos igual ca este.
Obrigado ós que o lestes todo, ten o seu mérito, mais, penso que merecía a pena.
Un cordial saudo.
30.12.05
2005, un ano de Alpendre
Qué mellor maneira de finiquitar un ano que esta idea de deixar a modo de recordo este arquivo, o número 200 desta bitácora que este mesmo ano naceu, e que tantas visitas tivo. Duascentas entradas é unha marca que non está nada mal.
Moitas cousas nos aconteceron durante este ano a toda a xente do alpendre. Houbo festas, visitas culturais, feitos sorprendentes, outros lamentables, moito cachondeo…, en definitiva, un ano cheo de cousas interesantes que neste resumo preténdense recordar cara a posteridade.
Imos elaborar una lista con momentos malos e bos que foron acontecendo durante o 2005, e facendo un mini comentario ó respecto de cada un.
Primeiro rollo lésbico alpendreiro (boa): un dos desexos eróticos de calquer home tivo lugar este ano entre dúas membras do alpendre. A todos de seguro que nos gostaría ter estado formando un trío con esas dúas mulleres.
A Suposta gran noite de putas (mala): naceu como idea nunha noite de troula por Ourense, cousas do Fernán da Veiga, para xerar polémica entre as femias alpendreiras, pero todo quedou nun soado fiasco.
Troula "á venezolana" en Celanova (boa): qué noite a de aquel día. Mozas a esgalla por tódolos lados, litros e litros de calimotxo no corpo, e moita fotografía que deixou a proba de que o pasamos realmente ben. Todo rematou sobando no coche do Fernán da Veiga ás 7 da mañán. O Fernán da Veiga aínda recorda coma lle falaba galego unha venezolana buenérrima (alo menos iso dicía el entre cubata e cubata).
O nacemento do "homolanderismo"(boa): a ciencia certa todavía non se sabe se isto foi algo bo ou malo, pero esta tendencia varonil xa existente cobrou forma e púidose por fin denominar dalgunha maneira. O Fernán da Veiga quedará como abandeirado único e exclusivo desta singular corrente social, e Alfredo Landa (na súa etapa máis "destapeira"), o presidente de honra do clube.
Morte dos amigos Mangouras & Co (mala): tamén houbo tempos duros e difíciles, particularmente a perda dos nosos amigos C.K. Mangouras, Adrian Solovio, Abuelo Cebolleta, Paulo e o noso particular guerreiro Pedro Froilaz supuxo unha perda irreparable para moitos, ou para algún, dos que formamos este pequeno grupo. Aínda se poden ver as súas tumbas aló no Trese. Un recordo, amigos, para eles. Sempre no "corasón”.
Il Alpendri (boa): o alpendre estivo representado da man de chapuskin durante case que medio ano dende Italia, na particular cidade de Nápoles para máis detalle. O erasmus foi aproveitado ata o último día nun país onde a súa beleza non fai máis que deixar boquiaberto a todo aquel que o visita. Aquel “Diario de un patriota” permanecerá para a posteridade cómo símbolo para sobrevivir no Iraque europeo.
O tamaño da polla do individuo de "El Couto" (boa): era un segredo a voces, e este ano quedou confirmado: o semi-home de El Couto sofre de infantilismo sexual. Isto ten que ver con outro caso importante do alpendre desde ano, que ten que ver co seu desposeemento do título de home que será comentado máis abaixo.
Frustrante "o señor do anel" (bo): para moitos o exemplo a seguir, para outros unha máquina sexual. De calquer maneira, a besta de Teis mantivo este ano ese halo de masculinidade fervente que ten tolas a tódalas mozas que proban os seus encantos. Pensábase que o seu segredo estaba no seu anel, mais comprobouse que non era certo, unha vez o Fernán da Veiga tratou de sacarlle partido e a cousa foille coma sempre: non lle foi.
"Traballos forzados na Alemaña" (mao ou bo): cando todos xa pensabamos que o holocausto nazi rematara, este ano puidemos comprobar que nada máis lonxe da realidade. Un resurxir na Alemaña do citado e horrendo sistema de campos de traballo deuse a coñecer, pero para sorpresa e horror da humanidade unha diferenza se demostrou: agora son voluntarios... e a xente acode igual. Algo falla nas cabezas da xente.
"Ortegal, unha receita revlonlucionaria" (boa): a fermosura das vistas e as terras da Galicia norte foron testemuña dun fito na historia gastronómica mundial. Un bote de xel de baño, chamado Revlon, revlonlucionou o arte da cociña ó engadir un sabor e unha textura sen igual ós pratos que os alpendreiros presentes puideron degustar. Por desgraza, non a todo o mundo lle sentaron igual as citadas pitanzas, pois algún que outro demostrou non ter afeito ó estómago a tales manxares.
Ano da Censura (mao): coma nos tempos do generalísimo Paquito, a censura informativa tinguiu de negro por un tempo a realidade no alpendre. Fernán da Veiga, axitador de masas de profesión, veu truncada a súa meteórica xestión maruxil ante as críticas das súas máis substanciosas vítimas (proceden, ó parecer, dous de El Hierrol, e o outro do marxinal barrio de Teis), ás cales manexaba ó seu antollo ata que un día dixeron basta e aplicaron unha férrea lei do silencio ó coñecido difamador. A veracidade dos feitos nunca foi demostrada, mais a frase “é que estes me censuran” pasou á historia do ano como a frase máis repetida.
"Como encender a una mujer" Edición Estatística (mao): quizais foi o marrón máis escuro do ano. Os representantes masculinos heteros do alpendre, reunidos en xunta xeral, realizaron un bocexo calificatorio ó respecto das virtudes e defectos das nosas ben queridas rapazas alpendreiras. Unha man escura da cidade das burgas tinguiu de cor negra o que pretendía ser unha coña, faltou á palabra cos seus compañeiros de xunta, e obrou sen consenso ante tan delicado asunto. Todos saímos co cu quente, CASE todos avergoñados, e arrepentidos ante un suceso que desexamos non se repita máis. Tras isto, o representante ourensán foi destituído como home do alpendre, algo que, como se comentaba anteriormente, demostrou que os eu infantilismo sexual non era un factor illado no seu proceder habitual: todo tiña que ver.
"O Abducido" (mao): antigamente, un dos membros do alpendre, nado en Monforte, era un asiduo dos correos diarios “y de las fiestas de guardar”. Un bo día, o amor cruzouse no seu camiño, e a súa persoa desvaneceuse, desapareceu, e hoxe en día, os que teñen a sorte de o ver, din del que non é máis que un espectro, e que vive como abducido e absorto por unha muller que non deixa que ninguén poida compartir o seu tempo con el. A recompensa que se pide pola súa cabeza aínda está vixente.
"The Trouxa Attack" (boa): a intensidade e as emocións no transcorrer deste tempo de vida alpendreira chegaron, en máis dunha ocasión, a seren desbordantes. É comprensible, hai que estarlle moi afeito e saber levar o ritmo.
"Anafata" (boa): a precariedade laboral que asola este país fixo que unha membra do alpendre tomase medidas de altura. Se xa non lle era abondo ser a moza máis alta do grupo, agora vai para azofaifa de voos, para así deixar máis en evidencia aínda ás súas compañeiras de tertulia. Disque fala idiomas e gasta un humor retranqueiro que non deixa indiferente, tamén está por confirmar.
Pois, xente, un ano máis vaise alá, e agardemos que sexan moitos máis. Aínda que este 2005 que fenece deu moito de si, todos esperamos que o 2006 sexa polo menos tan bo coma este, e que a amizade que a todos nos une perdure, e que os encontros entre todos nós poidan ser algo máis frecuentes do que son, e con máis participantes. Sei que é compricado, máis, por pedir que non quede.
Feliz 2006.
Chegou o día
O de hoxe foi un día para a historia, un día que moitos galegos e galegas non esqueceremos, un día onde por fin se cumpriu un soño que moitos tiñamos dende fai tempo.
Máis de 60 anos fixeron falla para poder desfrutar do momento histórico de hoxe, pero ó fin, grazas ó cambio de réxime de mediados de ano (a caída do inmortal Fragasaurio), Galicia conta por fin con unha selección de fútbol.
Sempre que chegaban estas datas de Nadal, os gustosos do fútbol viamos con tristura coma outras seleccións coma Cataluña, Madrid ou Euskadi xogaban bolos con seleccións estranxeiras e nós, tódolos anos, faciamos a mesma pregunta cara os nosos adentros: ¿cando poderemos nós tamén desfrutar dese pracer de poder ver á nosa selección, coas nosas cores, e escoitando o himno da nosa terra?.
A resposta tivémola hoxe, o 29 de decembro dun 2005 que se vai, e onde por fin os galegos tivemos a honra de poder degustar ese momento.
O rival era Uruguai, dúas veces campiona do mundo, un equipo que xa fora rival da antiga selección galega nos anos 20, pouco antes de que o Uruguai ganase os seus primeiros Xogos Olímpicos nesta disciplina do fútbol, anos antes de facelo tamén no Mundial de 1930. Era un rival significativo, xa que este foi un dos países de destino de moitos inmigrantes galegos na época da dictadura franquista de tan infausto recordo. A nivel futbolístico ben é certo que esta selección non é o que era, ademais de estar nun proceso de rexuvenecemento tralo fracaso de non clasificarse para o vindeiro Mundial de Alemaña deste próximo verán, iso si, contaba nas súas filas con xogadores de ascendencia galega, como non podía ser doutra forma.
O resultado, os goles ou incluso os xogadores participantes son o de menos, pero penso que é obrigado destacar ilustres veteráns coma o mundialista céltico Xurxo Otero, que esperou a este día para poñer fin á súa carreira deportiva, o madridista Míchel Salgado ou o centrocampista do Rácing de Ferrol Juanito, pola labor durante moitos anos que viñeron facendo para que este día chegase, ó igual co deportivista Fran (non xogou por estar lesionado) ou o hoxe delegado desta selección, o ex do Celta e Compostela Nacho. Ademais, tamén hai que salientar o papel dun ilustre, Arsenio Iglesias, o pai do Superdepor; e de Fernando Vázquez á fronte do equipo dende o banco, aportando veteranía e clase no campo.
O importante, sen dúbida, é a satisfacción de que por fin Galicia poida defender as súas cores nun campo de fútbol, escoitar o seu propio himno nun estadio onde a xente, con emoción, cante ó aire de Santiago, e poder ver un escudo dun país nunha camiseta, un escudo que hoxe representou, ante o mundo, a un pobo que, a partir deste feito, continuará cara o futuro coa cabeza ben alta, demostrando que esta sociedade progresa, e sobre todo, con todo un pobo galego orgulloso de pertencer a este país.
29.12.05
Troco obrigado
Nesta tarde de acontecementos futeboleiros, co ansiado e retrasado re-estreo da nosa seleccionciña,... obrigado é anunciar que cambio de chaqueta... renuncio a ser do Depor!!!!... e xa veremos se acabo no Celta.
Asdo.
Xoán de Requeixo
28.12.05
O meu tres por cinco quince
Discos
(¿Só cinco? ¿Estades tolos? ¿Como poño a discografía completa da Pantoja?)
Mercedes Peón: Ajrú, por exemplo
Win Mertens: Motives for writing, ou Integer Valor Integrale
Dead can dance - Into the labrynt
Hedningarna - Trä , por exemplo
Jeff Buckley - Grace (Só pola versión do Hallelujah merecía estar no cumio da música moderna, por riba dos Beattles, os Rolling e calquera outro).
Philip Glass - Concerto for Violin and Orchestra
Libros
Memorias de Adriano, de Marguerite Yourcenar
El peor viaje del mundo, de Apsley Cherry-Garrard
El camino, de Kerouak
Invierno en la Montaña, de Walt Morey. Estou disposto a pagar por un exemplar deste libro xuvenil. Así de claro volo digo. Teño un trauma infantil que preciso solucionar.
El camino, de Miguel Delibes
Peñícolas ou flimes
Non vou moito o cine, así que non teño moitas favoritas.
Leolo, de Jean-Claude Lauzon. Aquí, unha sesuda análise.
Rompiendo las olas, de Lars von Trier
2001: odisea en el espacio, de Kubrick
Mercedes Peón: Ajrú, por exemplo
Win Mertens: Motives for writing, ou Integer Valor Integrale
Dead can dance - Into the labrynt
Hedningarna - Trä , por exemplo
Jeff Buckley - Grace (Só pola versión do Hallelujah merecía estar no cumio da música moderna, por riba dos Beattles, os Rolling e calquera outro).
Philip Glass - Concerto for Violin and Orchestra
Libros
Memorias de Adriano, de Marguerite Yourcenar
El peor viaje del mundo, de Apsley Cherry-Garrard
El camino, de Kerouak
Invierno en la Montaña, de Walt Morey. Estou disposto a pagar por un exemplar deste libro xuvenil. Así de claro volo digo. Teño un trauma infantil que preciso solucionar.
El camino, de Miguel Delibes
Peñícolas ou flimes
Non vou moito o cine, así que non teño moitas favoritas.
Leolo, de Jean-Claude Lauzon. Aquí, unha sesuda análise.
Rompiendo las olas, de Lars von Trier
2001: odisea en el espacio, de Kubrick
27.12.05
A última do Sir
Nos mentideiros "lacoruñeses" coméntase moito a última idea do Sir. Punta Herminioso. Dícese que ten pensado erguer unha grande estatua, unha nova sorte de Corcobado, coa súa figura, mais no canto de ter os brazos en cruz, estaría representado cun brazo alzado e o outro encollido, abrazando un exemprar da súa sacrosanta constitución.
Ciscados polo gran xardín haberá unha representación de todas medallas que o noso heroe foi conquerindo ao longo dos moitos anos de gobernos, unhas veces conservadores e outras máis conservadores aínda.
Para darlle unha mellor ambientación, os visitantes poderán tomar o ascensor que se está a construir para ascender dende a base do monte. Ao chegar á cima, facendo un percorrido polo interior da estatúa, acabarán á altura mesma dos seus ollos e poderán mirar á urbe, a súa máxima creación, coa mesma ollada coa que o seu benefactor a deseñou; "a vista de paxaro" (*).
Asdo.
Xoán de Requeixo
(*) Por prudencia evitarei dicir que tipo de paxaro.
Fin do ano
Estamos a poucos días do remate deste ano 2005, ano que coma sempre presenta os seus claros e os seus escuros.
Dende o punto de vista galego este 2005 representou moito máis que un ano calquera; significou o comezo dunha etapa distinta, da recuperación da ilusión e o espíritu democrático, logo de moitos anos de goberno monocor e dunha aplastante maioría absoluta.
Foi un cambio dificil, sen anestexia, unha loita apretada, emocionante en exceso, prorrogada até o último minuto -na nosa liña de sempre, non podía ser menos-. Ao final produciuse e cristalizaron os desexos e esperanzas de moitos.
Tempo teremos de comprobar como transcorre a nosa vida neste novo 2006. Sorte para todos.
Asdo
Fernán da Veiga
26.12.05
Experimento extraño
Fai unhes días tentei levar a cabo un experimento entre as diversas persoas que conforman o grupo O Alpendre, dirixíndome especialmente ás mulleres.
Para iso, aproveitando a coxuntural resaca despois dunha noite de troula, escribín, a modo de confesión, un texto suficientemente descarnado e noxento como para sementar a dúbida entorno a se aquela noite mantiveramos relacións cunhas prostitutas. O documento envieino como correo electrónico ao grupo.
Afortunadamente a cousa non fructificou e a nivel xeral non tivo moita credibilidade, non sei se polo propio texto ou polo coñecemento -e inxenua boa fé- que teñen de un determinadas mulleres.
Diría que foi unha proba arriscada, dado que non sabía que tipo de reacción terían elas e máis aínda coñecendo a súa aberta militancia feminista... pero pese a iso dedicín presentarvos o texto tal cual e que cada quen valore segundo lle pareza.
Espero que o saibades contextualizar e que non mo tome a mal ninguén. Vai con todo o respeito.
Asdo.
Eáns de Cotón
Pd: Algunhas das reaccións suscitadas -que de todo houbo- foron: incredulidade, curiosidade morbosa, cachondeo, semi-comprensión e mesmo houbo quen só se preocupou por quen lle interesaba, coma quen que os máis non tiñamos máis significancia.
Qué pasasaría se...? (A semente da dúbida)
"Qué pasaría se aqui, neste modesto foro, un fixese a correspondente e obrigada limpeza moral e declarase ter utilizado unha muller, previo pago dunha certa cantidade, para satisfacer os meus máis baixos instintos, instintos de home porcallón? Compréndase, é humano o alivio dunha dor, non si?
Podería dicirvos que así foi, e que foi unha experiencia que efectivamente acadou suceso pretendido e mesmo podería barallar coa posibilidade de ter tirado maior proveito que o estrictamente carnal; xa sabedes aquelo que sempre se dí, iso de que é algo polo cal todo home -que se teña por tal, claro- debería pasar nalgún momento da súa vida.
Nunca antes me vira naquela tesitura, creo que posibelmente non repetirei iso de recibir aloumiños e caricias que un non encontra doutra maneira por unha simple transferencia económica. Sincerándome engadirei que non se pode atopar a plenitude nen aquelo que entendemos por amor nunha prostituta mais, facendo a correspondente reflexión, direi que sí o cariño e o consolo para aquel que se sinte baleiro e tan sozinho coma min. Digamos que é un substituto eficaz sempre que o camufles tras un bon disfraz de viño e a conseguinte máscara de alcohol.
Resulta algo artificial, mais o seu corpo, o corpo da puta, é igual de acolledor e quenturento que o de calquer outra muller; quizais non demostra tanto entusiasmo pero si maior pericia, que conste; non se lle poden negar os seus máis que merecidos méritos.
Para a vosa información direi que non tomei a molestia de preguntarlle máis ca o seu nome e a súa procedencia... Non sei se dixo colombiana ou venezolana; era algo máis nova ca min ou iso creo; certamente tanto teñen agora eses detalles e ademáis coa enchenta alcohólica... nin lle entendín nin me preocupou en demasía. Supoño que sería absurdo entablar maiores dialogos, a fin de contas ela estaba traballando, gañando o seu pan e eu disposto a que me correspondera con aquelo polo que eu paguei.
De camiño a casa, a conciencia quixo facer acto de presenza unha vez máis; eu vina asomar a cabeza á volta da esquina, pero, por unha vez, alcei a voz e mandeina tomar polo cú. Coa axuda dos meus dous compañeiros, compañeiros digamos de "fatigas", puteiros igualmente, corrimos detrás dela, mantándoa brutalmente a patadas... Hoxe viña a súa foto no xornal "La Región", a miña, a nosa, conciencia alí tirada, no medio dun charco de sangue á beira mesmo da fonte das Burgas.
Espero que se nos desculpe... foi sen querer."
25.12.05
Lingua
Nomes
Os ollos, as estrelas, os paxaros, o millo, o loureiro, a miñoca cega, a cobra axexando as augas no penedo debulladas, o seme, o ovario, o vento xoven que espalla e nos sementa. Tamén o sangue morto do sol voltando á touba. Os ollos, os oídos, a boca, o bafo, os poros, o recendo da terra. As ás destas palabras. O universo. Unha lingua.Antonio Domínguez Rey Rianxo 1945 Non sei que opinarán os filólogos... mais non coñezo definición máis simple, perfecta e fermosa para expoñer a razón pola cal este pequeno grupiño de xente, nós, os galegos, teñamos ese particular vehículo expresivo co que plasmar a nosa visión do mundo. Asdo. Eáns de Cotón.
O que me deixen...
Preguntaronlle ao cativo que quería que lle trouxeran os reises... el sen pensalo contestou... o que me deixen! Calei, sonrrín e comprendín -por unha vez- que quizais a batalla aínda non estaba perdida.
Asdo.
Fernán da Veiga.
Subscrever:
Mensagens (Atom)