Ricardo Santos, Gaiteiro!
Por sorte o amigo Ricardo non é moi dado a esto dos ordenadores, así que aproveito a coxuntura que el mesmo me brinda para publicar esa foto e este pequeno texto, digamoslle, de homenaxe. Se se entera da súa publicación bota un berro que se sinte na súa Cabana de Bergantiños.
O Ricardo é un gaiteiro peculiar; leva pasado moito traballo pola música que sinte, que leva dentro. Tamén é esixente e pide que os máis adiquen o mesmo esforzo ca el, imaxino pq. considera que a causa ben o merece. Non sempre se ve correspondido.
Por sorte para todos, pese as súas arroutadas e algunha que outra bronca -máis que merecida, recoñezamolo eiquí- é un home de grande corazón, moi dado ás bromas, amigo dos contos, das risas.
Menudo elemento este Ricardo. Quén levara o teu ritmo!!!
Asdo.
Eáns de Cotón.
Sem comentários:
Enviar um comentário