24.11.06

Diario dunha Fresa -25 de Novembro

O 25 de novembro debería ser unha data a non lembrar no calendario… Pero por desgraza debemos lembrar que esta data fai que recordemos Que 61 mulleres morreron este ano sólo en España por mor do terrorismo doméstico, Que cada día unha muller é violada no mundo, Que nenas moi pequenas son obligadas a prostituíse, Que a prostitución tamén é violencia de xénero, Que moitas mulleres non teñen as mesmas oportunidades de estudio e de traballo igual que os homes, ……… E poderiamos seguir, pero o resultado é o mesmo, ter que seguir alzando a voz dicido Non a desigualdade Non o abuso sexual Non os malos tratos Sí a politicas de igualdade Sí a unha lei que castigue os que mercan mulleres e nenas Sí as condenas máis duras para os maltratadores E grazas para tod@s os que loitan tódolos días do ano mantendo vivo o espirítu violeta.

1 comentário:

Anónimo disse...

Moita razón tes. Resulta triste ter que repetir, ano tras ano, a mesma cantinela.

Hoxe mesmo escoitei na radio testemuñas aterrorizadas, coas vidas desfeitas, sen remedio posibel... logo de 8 ou 10 anos de separarse do seu maltratador.

Un panorama desalentador e lamentabel, onde non hai cabida para burocracias, medias tintas nen trapalladas.

Compren solucións para que paguen os delincuentes e non súas vítimas nen as súas familias: medidas efectivas xa!

Estamos contigo (e con elas, obviamente) Fresita.

Fernán da Veiga