Particularmente penso que determinados símbolos son un ben a respeitar; principalmente para que non haxa malentendidos, cabreos nin pelexas, todas elas a evitar na medida do posibel.
Quen parece ter unha visión e unhes gustos diferentes aos meus -e aos de moitos outros!- é a Sra. Presidenta do Parlamento Galego, Dolores Villarino; empeñada en misturar os seus gostos particulares, o refraneiro popular -enténdase por aquelo das 7 tazas!- e finalmente, para millorar a receita, un certo aquel cuasi cómico, moi similar ao conto aquel do home, que magullado e desfeito, espetaba ao persoal a xa mítica frase de "O gato é meu e fodo nel canto quero!".
O caso é que non estamos a falar do gato da Sra. Villarino se non dun dos símbolos que nos representan e pertencen a todos. Non esquecer.
Xoán de Requeixo
3 comentários:
As cousas son máis simples: snobismo! en grandes doses.
Non hai moito o himno foi "interpretado" por pandereteiras.
Agora a segunda demostración de ignorancia e moito, moito malgusto.
Onde quedaron os coros?
Qué foi de Cántigas da Terra? Toxos e Frores?
Xa non hai ningún Orfeón ou Coral serios?
Xa vemos. A calidade non é tan "chic".
Eans de Cotón
Non somos os únicos que nos molesta que nos toquen "os símbolos".
Claro que iso é a festa nacional! aínda que sexa unha barbaridade, todo hai que dicilo.
Xoan de Requeixo
Pois hai quen opina -libre decisión a súa- que os ignorantes somos nós!
Pois, xa que logo, pasen e vexan señoresssss!!! Mi maaaa Mi maaaa!
Xoan de Requeixo
Enviar um comentário