12.4.07

Nena... faime o galego!

"Nena... faime o galego..."
"ai eso si...
ai si si ohhh!
ohhh"

Pois iso.. non podemos ir de nación seria sen ter unha erótica "postura" propia, que coño!

Temos que atopar ese aquel sexual que nos defina, a homes e mulleres, dentro da nosa natural indefinición... pero nos distinga , ao fin e ao cabo, como galegos.

Non pode ser un francés, nin pode ser menos co grego, nin menos excitante tampouco ca unha masaxe tailandesa... pero, por fín, chegou o momento hai que decidir... cal é o "foder galego!"

Da o mesmo se é na cama, na corte, na leira,... ou na mítica carballeira... a fin de contas...tanto ten, onde se queira, ben vale,... pola banda de Laiño, por Lestrove, non vai mal, por algures ten que ser, se non por ambos.

Por unha vez, hai que decidir! que entenderiamos por "facer un galego"

Asdo. Xoan de Requeixo

2 comentários:

Anónimo disse...

pois está visto! ou os galegos fodemos pouco ou estamos sempre a foder. Nin unha soa proposta!
mi maaa!! mi maaa!!!

Asdo.

Fernan da Veiga

Suevo disse...

Quedan convidados para facer, se queren, o cuestionario Proust que tantas voltas esta a dar polo blogomillo.

Saudos e a facer galegos :)