26.3.06

Hai futuro

Recén chegado e aínda sen recuperarme do Xantar Gaiteiro 2006, apuro os minutos antes de deitarme para subir esta simpática foto. Un rapaciño pequeno, un precioso pícaro, paseábase entre os gaiteiros coa súa gaitiña de xoguete. Termaba dela como se fose un home grande e movía os dediños como se estivera tocando en verdade a máis fermosa muiñeira. Alén diso, o pequeno tiña unha espectacular habilidade para marcar o ritmo co pé, xa lle gustaría a moitos -a min, por exemplo-. Noutro lado da sala outro cativo, loiro de anuncio, boneco de pan, brincaba e bailaba cunha cariña e unhes ollos que eran todo un poema. Desbordaba ledicia. Marabilla pensar que hai futuro para a gaita e para as música do país e ven con forza... traeno no sangue. Asdo. Eáns de Cotón

2 comentários:

Anónimo disse...

O rapás promete.
É Pedriño, fillo de Pedro, gaiteiro de Carballo, e ven sendo dos gaiteiros máis novos do país

Anónimo disse...

Vaia se promete!!! En pouco tempo un figura de primeiro nivel... se non ao tempo... e ademáis é un boneco!!

Asdo.

Eáns de Cotón