21.4.06

Gallego & RAE II

Os resultados son bastante claros, non deixan lugar a dúbidas. Está claro que resulta ofensivo cara unha aplastante maioría de votantes. Espero que os señores da RAE encollan algo o pescozo, baixen a cabeza e recuen sen ter que montar moita guerra con este tema. É de xustiza. Asdo. Xoan de Requeixo Detalle: Votos especificados na sección Outros (sen censura) - Chamarlles fillos de puta ós señores da Real Academia, pra que pro ano na definición da palabra "PUTA" engadan un novo significado "Nai dos señores da Real Academia", entón estarei dacordo con eles. - Cambiar a definición da palabre Español, nos diccionarios de galego. - Se é un termo que se segue a utilizar, debe quedar, senón fora. - Facer unha campaña de dignificación nacional en Latinoamérica - español: -despect.coloq.De ideología política reaccionaria - Mandar a Xoan de Requeixo a Costa Rica e ó Salvador pra que lles diga que iso non se fai.

5 comentários:

Anónimo disse...

A opción de mandar ao Xoan de Requeixo de "tourne" por eses todos paises... é moi ben recibida, sempre con afan divulgativo, claro.

Asdo.

Xoan de Requeixo

Trasancos disse...

Por min vale, sempre que sexa o propio Xoan de Requeixo o que se autofinancie a expedición!

Anónimo disse...

Eu non sei... penso que era mellor, xa que logo, facerlle unha expedición alpendreira... como aquelas que se facían noutrora, xa sabedes, daquelas "culturizadoras"... por ver se aprendemos nós algo!

Asdo.

Fernán da Veiga

Trasancos disse...

Esa idea ainda me convence máis!

Anónimo disse...

Xa se resolveu a dúbida: os lingüistas americanos afirman que é un termo obsoleto... xa que logo... que retiren.

Asdo.

Fernán da Veiga