Eáns de Cotón
Pd: Obrigadinho ao Sr. Krilin.
Bitácora colectiva do grupo Alpendre
Eáns de Cotón
Pd: Obrigadinho ao Sr. Krilin.
Eu: - Non será para tanto, home, ademáis... qué foi daquilo de deixar un cadavere bonito e xoven?
Doutor: - Pasácheste.
Eu: - E logo? Tan mal me dan esas cousas? Tan mal me sairon as análises? Mi maaa!!! Xa a fodimos, xa dicía que que tanto raxo e tanto viño non eran boa cousa.
Doutor: - Que xa te pasaches, pasmón!... para iso do cadavere... chegas 6 ou 7 anos tarde!!!
Eu: (Pros meus adentros) Será cabrón o matasanos! Non habia millor xeito de dicirme que vou vello!? Esta gárdolla, a próxima vez traiolle os ouriños do meu can!
Fernán da Veiga
Estamos apañados; morre a costa.
Fernán da Veiga
Indignado estou, si, paréceme fatal.
Falo da recalificación sufrida estes días por Plutón, que deixa de ser planeta despois de moitos anos formando parte de tan selecto clube. As razóns, estúpidas. por ser pequeno. cantas veces tivemos que escoitar que o tamaño non importa.... pois polo visto sí, sí que importa. Estou seguro que o PP anda detrás de todo isto, ou porque non poden recalificar leiras alí, porque non hai montes que queimar, ou a saber por qué razón será.
Espero que reconsideren a sua postura os señores astrónomos, porque, non por ser frío e pequeno alguén poida ser marxinado, salvo que os intereses urbanísticos "peperos" teñan que ver, cousa por demostrar. Ainda lembro cando, por razóns administrativas, Celta e Sevilla foran descendidos a 2ª, e ó final creárase unha liga de 22 equipos. ¡¡ Saiamos á rúa para que Plutón recupere o lugar que nunca debeu deixar!!
Paquito
Lembro ter feito unha "crónica" daquela experiencia, do ben que o pasei e do marabillado que quedei de ver e desfrutar toda aquela natureza e cultura.
Fai unhes días a Carballeira estivo seriamente ameazada por mor do lume. Por sorte, grazas ao empeño dos viciños, non ardeu pero o seu entorno máis próximo si sufriu as consecuencias do devastador inferno que asolou aquela zona.
Atopei este relato do suceso, que narra perfectamente, dun xeito estremecedor, como foi o que viciños tiveron que facer para defender a súa benquerida Carballeira.
Vai por eles. Ánimo.
Fernán da Veiga
Comeza a súa ardente crítica ao traballo feito polo goberno lanzando toda chea de estatísticas e cifras; o homiño séguese quentando, ponse roxo, da raiba e do encono, mais non perde un segundo e da boca saenlle, como disparados, toda sorte de números e máis números, referidos todos eles ao total de hectareas queimadas este ano en Galiza.
Logo dun anaco, despois de ter empregado máis da metade do seu tempo e sen un só respiro, un dos seus asesores achégase onda el, coa maior discreción e disimulo posibel. Ao ouvido e moi baiximo coméntalle que teñen cometido un grave erro coas cifras... coa premura, co forza do discurso, coa tensión do momento, coa "emosión"... deu un total de superficie queimada ben superior ao total do noso País, pasándolle cerca mesmo á extensión de Andalucía.
Sen despeitearse, baixa da tribuna todo cheo, como se aquelo non fora consigo. El tiña feito o seu traballo, que era criticar e desprestixiar ao goberno... xa lle botará a culpa á NASA, que coño!
Xoan de Requeixo
Pd: Evidentemente o escenario anterior é irreal, ou non?
Deteñen a tres ou catro delicuentes, de baixo perfil: algún tolo, unha vella con renciñas entre veciños e algún caso extraño máis.. e xa pretenden estender ese perfil a todos os causantes da desfeita.
Eu non dou creto, non podo crer nin acreditar que todo isto sexa causado por catro simples tolos.
Esa explicación seralle válida para os medios de madride, sempre empeñados en caracterizarnos como "Galiza profundis" mais non é válido para quen pretenda analisar a realizade do que está a pasar dunha forma abxectiva e minimamente seria.
Que lle vaian co conto a outro!
Xoan de Requeixo
Ás veces pódese sentir noxo, desprezo ou náuseas por determinadas persoas no mundo que fan determinadas cousas. Pero para a xente que queima os montes, iso é pouco.
Onte voltaba eu da Coruña, e chegando a Santiago collín pola autoestrada para chergar a Vigo. Eran as 18:00. Pois dende Santiago a Vigo, non deixei de ver fume e lapas por todas partes. Había momentos onde a visibilidade menguaba. Na zona sur de Santiago era tal a fumeira que pensei que reventara algo, unha gasoliñeira, non sei, pero era espectacular. Xa por Pontevedra víanse incendios por todos lados. O do Morrazo era sangrante: ardía polos dous lados, e os avións xa se vía que non daban abasto. Pola zona de Cesantes ou Arcade (intúo), o lume rondaba as vivendas do lugar.
Pensaba que a lei do goberno de prohibir a recaliicación de terreos queimados ía servir de algo, pero está visto que non. É unha impotencia ver como parte da riqueza natural deste país morre co lume. Non podo imaxinar canta xente pode haber que sexa capaz de facer algo así, e nin por asomo se me ocorren motivos para pensar que alguén poida ser tan inconsciente como para chegar a tales extremos de neglixencia.
Non sei qué se debería facer coa xente que collen prendendo lume no monte. Metelos no medio do incencio paréceme pouco e inxusto para o propio monte, porque xa bastante ten con arder como para que enriba o enchan de merda. Eu, dende logo, non sei como reaccionaria se vexo a alguén facendo algo así, é mellor non pensalo, pero seguro que remato no caldeiro eu antes ca él.
Paquito