3.3.07

Adeus aos Cempés

Todo parece indicar que un dos mellores grupos do folk galego dos últimos tempos vai "desaparecer". Os xa míticos Os Cempés colgan as gaitas e demais pertrechos, aínda que esperamos que por pouco tempo.

Tanto na súa versión máis tradicional ou coma formación máis evolucionada deixaron nos seus discos e sobre todo nos seus concertos o mellor do ambiente festeiro, coa graza e o bon humor que sempre os caracterizou, amén, claro está, dunha innegabel calidade musical.

Teño claro que certas cousas non han ser o mesmo sen eles pero que se lle vai facer!?

Aí quedades na memoria, nos vosos discos... até que voltedes!

Eans de Cotón

1 comentário:

Trasancos disse...

... Para unha cousa boa que tiñamos en Ferrol... Espero que sexa só algo temporal, e que pronto volten a agasallarnos coa súa música e con eses peaso de concertos festa-rachadentos ós que nos tiñan acostumados.