30.3.06

Tras un simple café

Entramos nun café... alí nunha mesa atópase un home, un simple coñecido sin máis; xiro a cabeza e saudoo cun simple e seco Ola. Transcurridos os minutos a súa voz alterada irrumpe no "escenario" que é o propio bar. Emerxe entre todas as outras voces para falarlle á muller que ten enfrente, na súa mesa. Berra e móvese de xeito nervioso, incontrolado e cun marcado aceno autoritario. Ela mentres tanto afánase en calmalo, pedíndolle desculpas, dicíndolle non sei que cousas co obxecto de non chamar máis a atención ás restantes persoas do local. Logo dunhes días, repítese a escena: o mesmo home, a mesma muller, os mesmos comentarios abusivos, a mesma reacción de vergonza, de culpabilidade, asumindo o seu rol submiso, por parte da muller. Todo son sensacións, nunca feitos probados. Simplemente estímulos que impactan nos meus máis simples sentidos. Algo hai no aire, fede cun certo tufillo a maltrato, psicolóxico como pouco... físico igual non... quizais mañá. Apuras o café, recolles as cousas da mesa e sen máis preguntas, marchas como calquer cliente. Vaste coa dúbida de se é un invento teu ou é un caso real. Non creo que chegue nunca a sabelo ou... tal vez no próximo café, quen o sabe. Asdo. Fernán da Veiga. Pd: Por desgraza este mal relato non é ficticio. Esa sensación, real ou non, non é unha ilusión. Tristemente é verídico aínda que non poida ir máis aló do meramente subxeitivo.

2 comentários:

Trasancos disse...

Dou fé de que é un relato real, eu estaba alí para velo tamén, e as miñas sensacións foron as mesmas.

Anónimo disse...

As veces era millor estarche equivocado... lamento ter acertado esta vez.

Fernán da Veiga