10.4.06
Gaitas en Guerra
A destrucción do patrimonio, en calquera das súas formas, debera estar suficientemente penado como para que ninguén tentase loucas aventuras personalistas, que agochan as máis das veces relacións de interese político e económico que deberían facer baixar a cabeza a máis de un, da vergonza.
No tocante á música tradicional, e máis concretamente á gaita, esa depauperización leva acontecento dende hai xa moito tempo, non só na Galiza e Asturies, se non que pouco a pouco tamén se vai impoñendo no norte do noso viciño Portugal e no Bierzo.
Estes proxectos culturais -de dubidosa calidade e dende logo exentos de raigame na cultura propia - gozan do apoio político e mediático daqueles que precisamente son os primeiros en renegar das formas autóctonas; aqueles que por mor de serios complexos sinten a necesidade de agochar as raíces da tradición, destruíndoa ou disfrazandoa baixo un manto marcial e militar, cousa que nunca se deu -por lóxica- na música máis popular.
Mentres aquí as nosas guerras semellan estériles, os nosos viciños e irmaos do Bierzo non quedan calados e abren a boca para expresar o seu berro de protesta e poñer a cada quen no seu sitio.
Quizais deberamos unirnos a eles na súa mensaxe e protestar todos xuntos por unha causa común.
Asdo.
Eáns de Cotón.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Interesante proxecto sobre o tema:
http://www.culturagalega.org/avg/extra_audiovisual_estreas.php?Cod_extrs=2247
Enviar um comentário