5.4.06
Concurso fotográfico: Outótono e Chintófano
Os que formamos este modesto grupo decidimos fai tempo ir organizando actividades a modo de pequenos concursos.
O primeiro deles foi unha sinxela "competición" de relatos curtos, cun máximo de 10 palabras (probade a facelo!).
Nesta ocasión cambiamos radicalmente de pola e escollimos a fotografía como soporte onde plasmar as nosas supostas ansias de victoria.
En realidade o fundamental do concurso non é decidir gañador... se non somentes tomar partido nela e presentar algún que outro "traballo".
Establecimos dúas categorías: Outótono (aquelo que é intrinsecamente pseudoautóctono) e Chintófano (aqueles trebellos dos cales descoñecemos o nome ou función).
O restantes detalles da convocatoria foron libres, cada quen puxo os seus propios límites.
Pois ben, xa temos gañadores deste
Primeiro Concurso Fotográfico "O Alpendre"
Categoría Outótono
Categoría Chintófano
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Que boa é a primeira foto, non?
A segunda é mala ruín, pero a primeira está cojonuda. Quen é o artista?
jaja
acho que xa vou sabendo que es ti...
jaja
como te pille!!!
Asdo.
O autor da Segunda.
Enviar um comentário