5.4.06

Concurso fotográfico: Outótono e Chintófano

Os que formamos este modesto grupo decidimos fai tempo ir organizando actividades a modo de pequenos concursos. O primeiro deles foi unha sinxela "competición" de relatos curtos, cun máximo de 10 palabras (probade a facelo!). Nesta ocasión cambiamos radicalmente de pola e escollimos a fotografía como soporte onde plasmar as nosas supostas ansias de victoria. En realidade o fundamental do concurso non é decidir gañador... se non somentes tomar partido nela e presentar algún que outro "traballo". Establecimos dúas categorías: Outótono (aquelo que é intrinsecamente pseudoautóctono) e Chintófano (aqueles trebellos dos cales descoñecemos o nome ou función). O restantes detalles da convocatoria foron libres, cada quen puxo os seus propios límites. Pois ben, xa temos gañadores deste Primeiro Concurso Fotográfico "O Alpendre"
Categoría Outótono
Categoría Chintófano

2 comentários:

Anónimo disse...

Que boa é a primeira foto, non?
A segunda é mala ruín, pero a primeira está cojonuda. Quen é o artista?

Anónimo disse...

jaja
acho que xa vou sabendo que es ti...
jaja
como te pille!!!

Asdo.

O autor da Segunda.