25.6.06

O carnet por puntos, ou cómo deixar de conducir

Moito se está a falar do famoso carnet por puntos que entrará en vigor a partires do primeiro de xullo -se non me trabuco-, e que ó parecer tan bo resultado deu en Francia. Esta semana chegou á miña casa un tríptico para toda a familia onde se informa á xente do que vai supor toda esta movida. Sinceramente, non reparei demasiado no seu contido. Todo parecen ofertas do Claudio en plan pague dous e leve un, pórtese ben e regalámoslle puntos Movistar, e bla bla bla. Estou convencido de que a retirada de carnets vai ser espectacular. Do meu lado está o dato de que moita xente está asegurando os seus carnets ante o temor de quedaren sen eles. As multas vannos chover a todos, e quizáis a consecuencia de todo isto, unido ós prezos do chumbo, é que a xente deixe o coche na casa. E esta situación vai ser nefasta para as compañías de automóveis, acostumadas a vender miles de carros ó ano, tasa que se vai ver reducida drásticamente como non tomen medidas, sobre todo, ó respecto da velocidade dos vehículos. E se as grandes empresas automovilísticas do país ven que as suas vendas caen, van a comezar a protestar. E enton, quizáis, ese carnet anti mortes e anti actos vandálicos ó volante igual se torna un freno para o bo transitar da economía, xerándose un problema que non se sabe onde rematará. Se todo isto se cumpre, "me da que" o carnet este vai durar ben pouco. A min polo de pronto as gañas de conducir que teño -e iso que me encanta facelo- vánseme reducindo así nos achegamos a fin de mes. A ver que pasa. Paquito

2 comentários:

Anónimo disse...

Amigo Paquito, eu penso que algo de razón tes no sentido de que se un mira as campañas, escoita a radio,... o primeiro que pensa é... joerr... son un cabrón, un asasiño, un enfermo... por ter o carnet, por coller o carro, por moverme nel... isa é a sensación que eu teño, de ver como te acusan, tratándote de culpabel, antes de ter cometido delito nengún... mais, asi e todo, as mortes son moitas, os danos irreparabeis na meirande parte dos casos, sobre todo neste paisiño noso; tantos e tan grandes como para non ficar cruzado de brazos.

Sintoo se nos perxudica e máis pq. sei que levaremos a peor parte, ti, eu e a tantos outros que conducimos normalmente e non aqueles que fan o tolo todo o día e sobre todo toda a noite. Eses non van notar a diferencia, diso estou certo, pero isto non é cousa nova, sempre pasou.

Fernán da Veiga

Suevo disse...

Unha opinion moi interesante a tua, paquito do alpendre. Estou totalmente de acordo contigo exceito no tema das compañias automobilísticas, non creo que lle perxudique a nova lei até o punto que dis.

Se me permites vou engadir unha referéncia a este post no meu blog: Diário dum suevo.

A seguir así. Saudos dun suevo.