12.9.06

Apoteose do Churrasco 1986... 2006?

"Un 124 branco arrímase ó lado do Mercedes, sae un home alto de cellas pretas e mestas, tan algunha mancha na cara e as mans completamente negras de borralla. "¡Que traballo este!", di cara a nós. "Miren que mans, eh, vaia mans. Parecen as poutas do demo. E eso non é o peor, a semana pasada case ardo, estáballe poñendo lume a uns agros, aí pola parte de Pontecelo, e nesto que xa prendera aquí e acolá, e vai, e dá a volta o aire e case me pilla no medio, case quedo alí feito un chamizo. E logo falan dos incendiarios, todo Cristo ten que falar, peor son todos eses políticos que non fan máis que chupar. E nós ¿que?, como se o noso choio o puidera facer calquera. Hai que ser moi botado para adiante e hai que te-lo que hai que ter. E poño por caso, se eu o outro día fico alí chamuscado ¿qué? ¿eh?. Porque eso si, nin seguro nin nada, eh. E a muller e os rapaces despois arrearan ¿non?. Ah carallo, pero ninguén pensa neso cando nos criticasn. Ademáis, e a xente quere a madeira , ou fai falla facer uns chalés nun terreo, pos alguén tera que facer digo eu, ¿non?. Bueno, pois como lles digo, esto non é vida. Levo traballando todo este verán e non fixen arriba de cen mil pesos."

Apoteose do Churrasco

Polarid - Suso de Toro - 1986

Parece mentira que logo de vinte anos o país este, a nosa Galiza, continue nas mesmas de sempre. Un xa non di se hai trama ou non, somentes discute, coñecendo o percal, canto pode ter esta de organizada ou se é tan caótica coma o resto. Creo que nin pra iso seremos nunca organizados: levamos séculos vivindo do caos, do inferno do lume, da merda do chapapote, dos naufraxios, das inclemencias, de toda canta anarquía poidamos botarnos á cara. Somos así ou así nos fan.

O resto dos contos que o autor recolleu baixo o título de Apoteose do Churrasco -do cal iste é só un pequeno fragmento dun- eran tamén ben clarificadores, xa daquelas, da realidade galega e a nosa situación de pre-post-durante... o autocanibalismo ao estilo Galicien.

Recoméndollo ao lector pero corre da súa conta.

Fernán da Veiga

1 comentário:

Anónimo disse...

Dende logo o documento interno do PP da Coruña -quen se iria da lingua?- deixa bastante clara a intencionalidade dos alcaldes desta formación... Alguén falou non hai moito de "terrorismo de estado"... home, non sei se tanto pero institucional si que ven sendo.

Xoan de Requeixo

Pd: Que foi daqueles que pedian a demisión do Conselleiro de Medio Rural, Suarez Canal? Van presentar a súa agora?