27.3.06
A morte do cine indie en Vigo
Esta fin de semana tiven ocasión de ver unha peli neses multicines vigueses chamados Multicines Norte, onde en máis de unha vez moitos de nós tivemos que citarnos para poder ver cine non proxectado nas carteleiras comerciais das grandes superficies.
E quizáis esa película que fun ver, Tsotsi, foi a última da que poida disfrutar nesa emblemática institución. Antes pecharon Multicines Centro, agora, cun futuro complicado, os Norte están a piques de, coma os seus tocaios, pasar a mellor vida.
Dende eiquí fago un chamamento a favor deste tipo de establecementos, que consideron fundamentais nunha cidade como Vigo. As institución deberían facer algo para que a cultura do cine, máis presente en lugares coma este ca nas xigantescas superficies onde só prima o comercial, permaneza na nosa cidade ainda que, ben é certo, somos poucos os que gostamos de non consumir a mesma merda comercial.
Unha pena.
Paquito
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
O que tiñan que facer as autoridades competentes era recuperar este tipo de salas e darlles unha utilidade pública, en plan Cineforum, emitindo películas de calidade a prezos reducidos.
Enviar um comentário