2.3.06

"OS MERDEIROS"

Se falamos de merdeiros a todos nos veñen a cabeza aqueles que nunha época de “transición” a moitos fixeron bota-los folgos de tanto correr.. pero non, hoxe falamos doutros menos institucionais, e na contra moito máis pacíficos. Son os que nestes días de entroido nos lembran costumes desta terra nosa. Así como en pobos de Ourense temos pantallas e peliqueiros, felos en Maceda, troteiros en Bande.. en Vigo contamos con Merdeiros. Unha figura recuperada no noso entroido, xa que nos contan que non fai moito tempo, os labregos acudían o porto de Vigo a recoller os restos dos peixes que os escabicheiros se encargan de destripar. Era un bo abono para as terras dos campesiños, polo que non lles importaba a cheirume tan nauseabunda que chegaban a padecer carrexando os desfeitos dos peixiños. Os mariñeiros no tempo do entroido, agachábanse en roupas vellas, todos porcalláns, e ían polas rúas meténdose coa xente, era unha “homenaxe” ( enténdase a modo de mofa) os labregos. Dende aquí , dicimos que “Vivan os merdeiros” que nos fan lembrar o que é tan noso, pero os merdeiros do entroido non vaia ser...

2 comentários:

Anónimo disse...

Gustoume moito o teu artigo.

Penso que viñan ben máis aportacións nese sentido... sobre todo pq. as veces ninguén pensa nesas pequenas historias até que finalmente desaparecen da memoria para sempre.

Asdo.

Fernán da Veiga

Paquito disse...

Sempre está ben ler cousas que, ainda sendo un da mesma cidade, no sabía.

Obrigado, República.

Paquito