8.3.06

Pandemia

Un nunca acabará de entender o que pasa neste mundo tolo no que vive... digo isto moi aquelado por unha nova que sentín na radio: A simple mención do número de persoas que deixaron a súa vida -que frio semella nun papel ou na pantalla- nunha louca travesía cara un futuro mellor. Resulta incribel como nos imos afacendo a escoitar cousas así e o corpo vaise curtindo a medida que nos facemos insensibeis. Debería ser un dato demoledor, rompedor, que resoara nas cabezas de moitos, especialmente políticos, e así poder artellar medidas que paliaran esta pandemia. Contrasta o feito de que algo así pase tan inadvertido, case desapercibido, mentres que certos achádegos, que non acadan -para min- máis que a categoría de curiosidade, enchen os medios de todo o mundo. Asdo. Eáns de Cotón.

1 comentário:

Paquito disse...

Home, para ti pode ser unha mera curiosidade, mais moitos cientificos poden pensar o contrario.

No tocante ós inmigrantes, a verdade é q si, q parece q como é algo de tódolos días xa temos o callo feito e non doe, mais hai que tomar medidas pq é un drama humano inconcebible.