5.3.06

Visita ao Incio

Paisaxe nevada en Foilevar
Unha nova ocasión para desfrutar da beleza deste noso paisiño, xa sabedes, o máis fermoso de todos -claro que as ilusorias fronteiras poñoas onde cadra ou onde me convén nen cada momento-. Outra volta nas Terras do Incio, de visita no Pazo de Don Piñor... xogando coa neve, marabillándonos das árbores e dos rios cheos de fría auga que descende monte abaixo. Un pequeno paraiso para o desfrute de quen o sinta e ame. Qué perdure moito tempo! Asdo. Fernán da Veiga
Paisaxe nevada en Foilevar

2 comentários:

Trasancos disse...

Que perdure, que eu non lle puiden ir desta vez, pero ireille a próxima, que tanta fermosura merece a pena... iso e a conseguinte comellada, que so de mirar lindas paisaxes non se vive.

Anónimo disse...

Non se pode esquecer nunca ese outro tipo de beleza: a do bo xantar... aínda podo saborear mentalmente o xabarín, o corzo, as troitas... e ese xamón que nada lle envexa ao millor patanegra.

Asdo.

Fernán da Veiga