30.4.06
Boa conxunción
Non hai máis que ter bos ingredentes para facer bon caldo: algo de alcohol, amigos, cantigas, pandeira, unha incribel paraxe natural e o encanto secular e antigo do románico; todo isto nun enclave mítico como é o da Ribeira Sacra.
Para dous días de aventura... a receita saiu perfeita, mesmo parece que os días tiveran máis horas do habitual e é que non deixamos derramar un só minuto, aínda a costa do noso cansanzo.
Agora só nos queda reflexionar en torno ao vivido e preparar a conciencia a vindeira excursión , xa que desta volta o listón quedou ben alto. Certamente.
Asdo.
Fernán da Veiga
Pd: Recoñecer o acerto do Paquito na súa proposta de visita aos Meandros do Sil... non me doe prenda. Acerto pleno.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Agradezo o comentario final, ben é certo que o roteiro en xeral estivo fantástico, e os meandros, xa que estabamos, e unha vez descubertos por internet, penso que requerían unha visita obrigada. E abofé que resultou.
Paquito
Cocordo co señor Fernán da Veiga, si señor, vai ser dificil de superar...
Enviar um comentário