25.4.06
A fala extremeira
Como amante do folclore -e loxicamente da lingua- tiven a sorte de visitar os Tres Lugaris na Extremadura; esas pequenas e fermosas vilas das que tanto se está a falar nestes días.
Alí puiden coñecer directamente a fala e as xentes que con tanto orgullo a empregan e manteñen viva dun xeito que xa nos gustaría a moitos, aínda sendo unha poboación reducida en extensión e número.
Percibín unha imaxe da Extremadura, plural e popular, ben distinta destoutra coa que nos agasalla estes días o infame Ibarra.
Menos mal que as veces, coma neste caso, por moito que se empeñe a mazá podre... non ha chegar a apodrecer o cesto enteiro.
Asdo.
Fernán da Veiga
Pd: De agradecer foron os detalles e explicacións dados por D. Domingo Frades. Un afectuoso saúdo.
Pd: A Real Academia Galega vai permanecer calada? Se non lembro mal... houbo diversos actos en apoio ao galego exterior e concretamente ao galego extremeiro.
Pd: O Sr. Ibarra podía esforzarse e impulsar esa lingua que tanto "apreza" e non loitar contra os que gostamos tanto dela coma dos seus ricos matices.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
O lamentabel é ter que aturar as explicacións do Sr. Torito...
El sabe que ten que defender algunha lingua... mais non acaba de enterarse de cal.
O galego dende logo non cho coñece moito.
Asdo.
Xoan de Requeixo
Bótalle un ollo: http://www.opaco.org/2006/04/25/san-martin-de-trebello-o-mais-grande-do-mundo/
Enviar um comentário