21.4.06

Reiciño de Galiza

Recén veño de rematar a lectura dunha pequena obra do escritor francés Victor Hugo. Titúlase "O Reiciño de Galiza", bon, o orixinal, como é lóxico, é en francés mais non lembro como se escribía, dispensádeme. Trátase dun curioso poema no que fai referencia ao secuestro e liberación dun suposto fillo do Rei García de Galiza (até aquí podo ler). O máis peculiar do caso ven dado polo feito de que un autor foráneo -e para máis inri desa relevancia- tivera tomado como punto de partida para a súa obra unha pasaxe tan concreta e lonxada na historia (e máis aínda dada a escasa importancia que lle dan a Galiza nese periodo de tempo dende a óptica da "historia oficial"). Bon, agora darei comezo a outra "Obra" non menos particular. Asdo. Fernán da Veiga Pd: Acho que "O reiciño de Galiza" pertence á obra "A lenda dos Séculos". Pd2: Grazas... Srta. Intelectual Orgánica. Pd3: O da lectura da "obra" é irónico! por se algún aínda o dubida.

1 comentário:

Trasancos disse...

Parece incrible que alguen como Victor Hugo chegase a ter coñecemento da história da nosa terra, e ainda por riba escribir sobre ela!. Moi interesante.