5.11.05

Paradoxo

Non deixa de ser todo un paradoxo que se pense en modificar a Constitución para satisfacer as ansias de igualdade das mulleres -entendo que lóxica, por outra parte, aínda sendo toda unha falacia pq. a igualdade hai que buscala primeiro noutros ámbitos máis terrenais; a familia, o traballo,...- mentres se manteñen na mesma lexislación regulamentos tan anacrónicos e desfasados como o delito de "inxurias ao rei". Na miña modesta opinión, confesándome abertamente republicano, non se pode falar de igualdade mentres se manteña a coroa e moito menos cando non se pode facer libremente crítica desta institución, dado que a ameaza arbitraria dunha condea deste tipo pendura sobre aquel que a fai. Un bota en falta a liberdade e a pluralidade que existe na prensa inglesa, afeitos a poñer a caldo a máis de un e a máis de dous da súa particular familia real. Aqui as cousas funcionan doutra maneira, dado que existe un pacto -non sei se obrigado ou voluntario- por parte dos medios, de tal maneira que as críticas feitas veñen case en exclusiva da man do programa "aqui hai tomate" ou da revista "El Jueves". Así nos vai. Asdo. Xoán de Requeixo.

1 comentário:

Paquito disse...

Totalmente dacordo.