17.4.06

Noite de parranda

Como moitos xa sabedes recéntemente varios mebros alpendreiros reunímonos e decidimos facer unha acampada brava por Galiza adiante. Encamiñámonos cara as terras do Deza e tras visitar tan fermosos lugares decidimos facer un alto para pasar a noite. Baixo as estrelas comimos, bebimos, cantamos e balilamos nunha especie de aquelarre festeiro ós pes dun antigo mosteiro que actuou como testemuña. Xuntos, os vellos e os novos amigos, fixemos daquela noite un momento que lembraremos sempre cun sorriso nos beizos. Despois da festa improvisada algúns remataron durmindo dentro dos coches e outros nunha tenda que non sei cómo puideron montar de madrugada xunto ó rio.
O mosteiro baixo a luz da lúa
Ó dia seguinte erguémonos para continuar coa viaxe co aquel de satisfacción que, a pesar da resaca, deixan os bos momentos en compañia dos amigos. Despois diso so podo pensar... cando repetimos? Trasancos

2 comentários:

Paquito disse...

Eu xa estou agardando a seguinte saída.

Anónimo disse...

A ver se nos centramos para a próxima... acampar non é durmir no carro!!! Hai que ser serios...

Asdo.

Fernán da Veiga