29.7.05
Traspasando fronteiras
O fenómeno da globalización normalmente ven asociado coa alta política ou a economía, iso que antiguamente chamabamos "capitalismo" e agora nos presentan agochado baixo este novo eufemismo.
Por sorte, esta non é a única visión posibel do fenómeno global xa que as veces -as menos, hai que dicilo- prodúcense feitos que rompen esta pauta. Recentemente puiden comprobar isto a respeito da música tradicional galega, concretamente no pechado mundo da gaita, coñecendo dúas fermosas gaiteiras "galegas" orixinarias das lonxanas terras da Franza e Murcia. O máis sorprendente é que estou a falar de dúas rapaciñas novas que non tiñan máis ligazón coa nosa terra non sendo o estrictamente musical.
Os meus parabéns para esas dúas amigas; esperamos que cunda o seu exemplo dentro e fóra das nosas "elásticas" fronteiras. A fin de contas un nace onde lle toca pero síntese de onde quere.
Eans de Coton
28.7.05
Lembrando... A Mandrágora
Nos ocupamos del mar
Igual que en televisión interrumpen la emisión
para anunciar un brebaje o un masaje,
interrumpo mi canción y coloco aquí un mensaje.
Nos ocupamos del mar
y tenemos dividida la tarea
ella cuida de las olas
yo vigilo la marea
Es cansado, por eso al llegar la noche
ella descansa a mi lado
mis ojos en su costado.
No habrá parecido mal ya que no fue comercial
y es cosa que se agradece me parece,
en este mundo infernal
lo quien no compra perece.
También cuidamos la tierra
y también con el trabajo dividido
yo troncos, frutos y flores
ella riega lo escondido
Es cansado, por eso al llegar la noche
ella descansa a mi lado
mis manos en su costado.
Raro es que la verdad mediante publicidad
alguna vez se habrá paso
por si acaso ahora es la oportunidad
cuando el publico hace caso.
Todas las cosas tratamos
cada uno según es nuestro talante
yo lo que tiene importancia
ella todo lo importante
Es cansado, por eso al llegar la noche
ella descansa a mi lado
y mi voz en su costado.
A Mandrágora
24.7.05
Sempre os mesmos...
Non sei se estamos ante un movemento exclusivamente coruñés ou se está extendido a outras poboacións galegas e españolas mais dende logo resulta sorprendente que a día de hoxe ainda haxa xente con pensamentos tan próximos á censura coma estes señores de "alternativa española"; claramente tentan a limitar as liberdades individuais, establecendo criterios de comportamento -segundo eles "o que é correcto"- somentes en base aos seus valores particulares.
A Nova dende logo non me deixa indiferente; respeitando as diferentes opinións, non podo se non manifestar a miña repulsa ante campañas e movementos coma estes, que pretenden uniformizar os comportamentos, convertendo as súas máximas en leises universais, ou iso pretenden, cando o certo é que o non son.Quen vai ser o que dicte que é o correcto ou o que non? Quén vai ser o que tire a primeira pedra?
Imaxino que son os mesmos que pretenden influir nas materias que deben cursar os nosos fillos, decidir quen pode casar ou adoptar, os mesmos que reservaban para as mulleres os postos de "sus labores"... en definitiva, os de sempre e coma sempre a sociedade estalles dando as costas e para demostralo... dade unha voltiña por calquer praia e veredes moitas cousas pero sobre todo xente feliz.
23.7.05
Sentimentos encontrados
Rabia, dor e impotencia: Ver as imaxes da TV nas que os compañeiros dos falecidos no incendio de Guadalajara son obrigados a permanecer fóra da igrexa onde se celebraban o funerais, sen poder asistir á despedida dos seus compañeiros e amigos, fíxome sentir unha impotencia e unha rabia cara os representantes políticos só comparabel a dos duros momentos que vivimos durante a crise do Prestige ou da guerra. Impresentabel.
Cariño, amor, vida: Lin unha nova nunha revista que me deixou bastante pensativo. Segundo parece entre as parellas de lesbianas lévase moito que unha delas aporte un óvulo, que este seña fecundado artificialmente e despois seña inserido no corpo da outra para ser xestado, e así, finalmente, traer ao mundo o seu fillo. Deume a sensación de que esa ten ser que unha manifestación de cariño e amor como poucas; dalgún xeito esa criatura nacería como resultante de dúas nais "naturais", ambas case ao mesmo nivel, unha e outra. Tamén terían a posibilidade de invertir o rol en futuras xestacións, co cal estariamos ante unha forma de nacemento que non ten equivalente no mundo heterosexual, aquela na que ambos membros poden "alumbrar", parir, a súa propia descendecia.
22.7.05
Obriga moral
Coa chegada do novo goberno os galegos estamos diante dun horizonte novo, un horizonte de desexos, ilusións e esperanzas. Estou seguro que os responsabeis políticos non tardarán en botar todo abaixo en breve mais certas cousas deberían facerse antes de que iso aconteza.
Unha desas cousiñas recollidas na lista de "pendentes" debería ser a recuperación da dignidade perdida, asoballada, maltratada do pobo galego por mor dun desgoverno vergonzoso e para iso nada mellor que reconstruila correxindo aquelas decisións que resultan máis humillantes.
Refírome á obriga moral de retirarlle a medalla que ingnominiosamente lle foi entregada ao anterior Ministro de Fomento, o Sr. Álvarez Cascos. De non ser así, realmente seriamos unha vez máis merecedores de tal desprezo.
21.7.05
Se o PSOE fora como o PP
Que ninguén se trabuque. Non vou defender o indefendible. Pero se o PSOE fose como o PP, nesto do incendio de Guadalajara:
1. Non se sabería a superfice quemada. O dato oficial variaría de cando en cando.
2. Os informes oficiais indicarían que o frente incendio estaría a varios quilómetros de calquera poboación.
3. A vicepresidenta non tería viaxado alí.
4. Non baixaría a rúa entre a xente e se deixaría increpar.
5. Ao día seguinte, en vez de escusalos (como fixo a vice) lles chamaría terroristas, batasunos, radicais, desafectos e algo máis.
6. As imaxes serían comentadas no telediario por Urdaci. Mentres se escoitan as increpacións, Urdací diría que estaban aplaudindo.
7. Manos Blancas denunciaría aos habitantes por escasa actitude democrática.
8. As lapas serían de estiramento vertical.
Pero esto é fantasía política e histórica.
20.7.05
Un pequeno acontecido
Esperto, torno un chisco á cabeza, mirando de esguello cara o cabeceiro da cama, fíxome -máis ben pouco- nun dos moitos reloxos espertadores e creo interpretar as nove menos cinco. Apresurado salto da cama, métome no baño lamentando ter que irlle ao cursiño sen almorzar por falla de tempo... debaixo do chorro, mentres a película de xabrón vai cubrindo o meu corpo, vou pensando se non sería mellor deixar de ir hoxe, por iso de que non pensen que son o que son, un impresentabel.
Unha vez acabado, saio do baño apresurado igualmente, determinado a non facerlle caso á mensaxe que a miña cabeciña me quería mandar, que pasase hoxe de irlle ao curso... Por unha vez na vida, non fixen caso. Abro o armario -curiosamente os gais que nel viven non aproveitaron hoxe para sair e iso que ben me poderían pillar desprevenido-, medio me vou vestindo entre o treito que dista da miña habitación á cociña onde vexo a miña nai "almorzando". O primeiro que fai ao verme é preguntarme onde raio vou...posto que son as tres da mañá!!!!
De volta para a cama -moi limpiño iso si-, vou pensando nas miñas historias... tentando darlle explicación a tanto desacougo, por suposto non lla atopo... despois ás 4...ás 5...ás 6... volvo espertar pero desta volta non me ergo, bótolle unha ollada ao o demo dos meus reloxos (parente non lonxano dos Trangomangos) por ver se desta volta tamén me quere tomar o pelo. Decididamente si pero xa non lle fixen caso.
Ren máis.
Pd:
1º Espero non ferir susceptibilidades por mor da referencia do armario, lease en tono humorístico.
2º Esta é unha historia baseada en feitos reais, vaia que si.
Lusitanismo
No apartado adicado á lingua do portal galego Vieiros aparece unha nova referida á celebración do oitavo Congreso da Asociación Internacional de Lusitanistas.
Resulta chamativo que se realice en Galiza un evento destas características, non polo fondo do tema se non pola propia forma, pola denominación relativa á Lusitania para referirse á veciña nación e á lingua portuguesa, como quen que da por feito o tópico de ter Portugal unha orixe lusitana e non galega.
Dende logo, os poñentes do citado congreso son sabedores de todo isto mais aceptan o termo como moitos historiadores españois, mesmo galegos, toman por bos moitos tópicos dunha historiografía inzada de interpretacións interesadas a favor da historia castelán e contra a imaxe histórica de Galiza ou mesmo do Reino de León.
Eu modestamente estou en desacordo.
19.7.05
Prexuizos
Un queda perplexo ante as manifestacións na prensa con respecto ao extraño suceso do estoupido dunha carta-bomba nunha vivenda da cidade da Cruña.
Non entendo como é posibel facer opinión sobre unha persoa que actualmente se encontra ferida, ingresada no hospital a consecuencia do mencionado incidente, pola sua filiación política, prexulgandoo como culpabel de pretender construir cartas-bomba. Estas manifestacións ao meu entender son apresuradas, malintencionadas, inxustas e mesmo temerarias; dende logo ofenden a persoa, maltratan a familia dun inocente -mentres a Policia non demostre o contrario-, poñendoos contra a parede ante a súa veciñanza, quen de seguro os sinalará co dedo, deixandoos marcados.
Se finalmente se demostrase a inocencia do implicado, a prensa empregaria os mesmos medios para desmentir o afirmado con anterioridade? Unha vez máis penso que -salvo casos contados- non vai ser asi.
Cuestión de Talante
Que unha persona co talante e as actitudes -demostradas ao longo de moitos anos no poder- do Sr. Xaime Pita se convirta en Vicepresidente do Parlamento Galego é todo un traballo de encaixe de bolillos político.
Espero que -como o seu patrón- deixe algún espazo para a reciclaxe e cambie esa xenreira tan patente por dialogo e boas formas. Algo me leva a pensar que non vai ser así; xa veremos se este can segue sendo asilvestrado ou se se transforma despois dun duro adestramento; O ser de palleiro non hai quen llo quite.
17.7.05
Derradeira Viaxe
Parte de baixas:
Na mañá día 17 de Santiago de 2005 apareceron na Praia do Trece os corpos nús de seis homes. Segundo parece a consecuencia do afundimento da embarcación (o Desprestige) que O Capitán Krápula Mangouras tripulaba coa impericia que lle caracterizaba. Os finados foron dificilmente identificados dado o seu deporabel estado físico, se ben, os forenses advirten que o máis probabel é que este fora previo ao naufraxio. Os corpos foron enterrados no Cimiterio Inglés.
Corpos identificados:
K. C. Mangouras (actualmente reencarnado nunha vaca, traballa dando leite nunha granxa na Alemaña).
Adrian Solovio (reencaunouse nun porco que reside nunha pequena aldeiña do Courel, vive a súa desgraza felizmente sen percatarse de que o están cebando para unha futura mantanza).
Anafrasio do Amaral (reencarnouse en verme, dedica os seus máximos esforzos a escarallar todas cantas cireixas pode, foi visto perto do Santuario do Santo Andrés de Teixido, disque nunca pasara de capullo).
O Paulo (traballa no Circo Italiano-larachés,... acadou o traballo reencarnándose na atracción principal do espectáculo, faise chamar "o artista antes chamado Dumbo"....)
O Pedro Froilaz (perdeu a súa derradeira batalla, desta volta por goleada, agora reviviu no corpo dunha londra no mesmo lugar que lle deu nome, a Praia de Traba).
Abuelo Cebolleta (este foi o corpo máis desfeito, dada a súa avanzada idade; semellaba descomposto un par de séculos antes do afundimento. Descoñecemos se houbo reencarnación, acho que non foi posibel).
Non perdades o tempo rezando pola súa alma, quedar no Trece é entrar directamente no paraiso.
Asdo.
I.A.S
Canción do Serpent
Foi no mil oitocentos noventa
cando en negra noite, un gran temporal
Un cruceiro que viña do norte
as costas Galegas foi a embarrancar*
Foi na noite do dez de novembro
ao mando do Serpent ia Mister Ross
e a tres millas do Cabo Vilano
foi dar onde as pedras do baixo do Boi
En Camariñas, ainda hoxe lémbrase ben
o que na costa, aquela noite aconteceu
pobres mariños...do barco Ingles
Cento setenta e tres homes
perderon a vida salvandose tres.
Esta foi a gran traxedia que nunca na vida
eu esquecerei.
Foron tantos os que ali afogaron
que houbo que enterralos na beira do mar.
E hoxe quedan ali catro pedras
que son testemuña do noso cantar.
Inglaterra vesteuse de lioto
ao saber que o Serpent ali embarrancou*
E pra sempre esta costa Galega
a costa da Morte o nome quedou..
En Camariñas, ainda hoxe lémbrase ben
o que na costa, aquela noite aconteceu
pobres mariños...do barco Ingles
Cento setenta e tres homes
perderon a vida salvandose tres.
Esta foi a gran traxedia que nunca na vida
eu esquecerei.
Pd: Os vellos do lugar (non sei pq. certas cousas sempre as teñen que dicir os vellos) apuntan que as derradeiras palabras do malogrado Capitán K. Mangouras foron "Viva a Dansa de Arcos, Viva Camariñas.... Vai polo aire!".
14.7.05
O grauciño de area
Reproducción do texto do grupo de correo alpendre
Mia dixo:
Co fin de poñer o meu grauciño de area para evitar que
ó Tranparente lle dea un colapso nervioso, vou escribir
algo, aínda que eso sí non garantizo que teña interese
nengún. Esto de escribir porque sí, recórdame ás
redaccións de oitavo de EXB.
Pois nada, ante todo un consello importante. Fixádevos
ben cando comades cereixas/picotas. Según un recente
estudo levado a cabo por min (cando digo estudo, quero
dicir realmente experiencia traumática) hai moitas
probabilidades de que as cereixas conteñan
sorpresiña, véxase vermes. Canto máis madura a
cereixa, maior probabilidade de que conteña un alien.
O que non sei, é se cando están maduras conteñen máis
pasaxeiros ou se é que se ven máis facilmente. Qué
encrucillada!
Segundo o estudo citado anteriormente, é seguro que
todos os consumidores habituais de cereixas levamos
papado unha boa ración de vermes na nosa vida. Triste
pero certo. Esto confirma totalmente a teoría popular
de que ollos que non ven, corazón que non sinte...e
case é mellor así, non?
Bueno se alguén máis quere compartir as suas
experiencias no límite, pois adiante, conta con todo o
meu respaldo.
Con dios
Mia
Resposta de Transparente
pois que queres que che diga... o verme é un becho vivo e ise feito indica claramente que esas cireixas están naturais e non envenenadas co sulfato tipico.
Resposta de Negrita
No se que decirte Transparente, a mi me apareció uno en medio del pollo en un restaurante turco y sigo pensando que el pollo debía llevar bastante tiempo criando malvas!!Por cierto, que asco me dío y como comprendereis mi recuerdo de exotismo de restaurante turco como que se esfumó.
Besos
Resposta de Transparente
home... non sei se é o mesmo.... en calquer caso eso che pasa por ir comer a sitios raros... pensa que o can dos chinos non leva vermes!!! e ben rico que che está!....
Resposta de Xoanteis
Estou co Transparente, as froitas que tenhem becho é porque estam sans e sao frescas. Melhor comer becho que sulfato!
E ademais um respeito aos chinesses que inventaram a comida que nunca se passa. É verídico, quando a minha aficçao á comida chinessa estava no seu ponto álgido deu-se-me por deixar como varias semanas um gostoso prato chinés no seu envase original. Quando fum abri-lo, a comida estava intacta e com todas as suas propriedades organolépticas em estado otimo. Por uma questão de prudência evitei chantar-lhe o dente, mais nao havia restos de barolo e bechalhada varia como cabia esperar.
Moraleja: nen puta idea
Resposta de Transparente
é pola raza do can!!! non era palleiro!! joer.... o mellor é que vendes o conto como se fose un experimento cientifico cando en realidade es un porco!!! hai que foderse.... Eu tamen fixen "experimentos" deses.... comprobei canto tardaba o piso en encherse de merda.... o baño en ter barola e todo iso. Menudos Cientificos somos. Probaches tamén canto tarda un en ter roña ?? Espero que non.
Resposta de Xoanteis
Pensa o ladrão ...
Eu sou um científico e falo no nome da Ciência. Provei a deixar umas macetas (como se di isto em galego?) cos restos duma planta de "maruja", parte do talho e as raizes, um ano inteiro na maceta a ver que passava ... e onte (que estivem fazendo limpeça) dim-me conta que lhe medrara pelo de cão na terra. Totalmente verídico!!! Terá isto algo que ver com o cão esse dos chinesses ...??
Resposta de Transparente
que tipo!!!
Eu que queres que che diga.... debe ser pola alxeria... digo ... alerxia mais a min non che me medran cousas desas por ningures... eu flipo.... Non será que con tanta merda a comida chinesa mutou e hibridouse coa planta de maruxa??? joer... Menos mal que vou pouco polo teu piso... claro... cando estabnas aqui tiñas quen che fixera a limpeza!!! xa sabes por quen falo.
Resposta de Xoanteis
Que pavo!
Deixa ao Hierrol tranquilo ho!
Ademáis realmente contei a noticia em plan sensacionalista, tipo Tele-Indiscreta ou algo assim. A explicaçao racional é que eses pelos que medraram eram do cão da companheira de piso. A maceta esta estava na terraça e claro o cão andava por lá a ladralhe ao cão dos vizinhos.
Porem, nao era mala ideia o de conseguer criar pelos em macetas. Fariamo-nos de ouro, e inclusso abandonariamos os tipicos peiteados para disimular ... estilo Anasagasti, estilo Kojack, ... and so on
Resposta de Transparente
Deixa o meu anasagasti... Dixo un colega... amijo... tes que retellar ... e eu contestei... ah!!! estas tellas xa non chas fabrican.... A ver se ti, cientifico como vexo, encontras remedio á nosa calvicie!!
Seguro que eran pelos de can ?? para min que eran pelos....da túa compañeira... coñecendote...
en fins....e seguro que non eran da cabeza tampouco.
por certo, quen falou do Hierrol? era tan evidente?
Resposta de Xoanteis
Home, realmente naquel piso o Hierrol era o unico que limpava um pouco. O resto tratavamos de nao emporcalhar demasiado.
E com respeito ao dos pelos nao sei se eram da minha companheira, mas eran brancos e lisos. Alguma das mulheres presentes pode confirmar se existe tal possibilidade?
Se cadra é que levou algum susto e quedarom assim , vai tu saber.
Resposta de Transparente
mellor deixaooo non quero elucubrar outras posibeis explicacións sobre a estadía do can nesa habitación!!!!! en fins
Resposta de Krilin
Vaia 'duelo' de porcalhões... Sim, é certo que naquel piso da Corunha,
o que limpava era o Hierrol, e eu e mais o Xoanteis conformavamo-nos com
não emporcar demasiado, e procurando que os pratos e os restos não
se acumularam mais de duas semanas. O MNaron... bom todos
conhecemos ao MNaron, e há que queré-lo tal como é...
Eu tambem estou com o Transparente e Xoanteis, melhor comer becho que sulfato.
Depois de todo, ninguem morreu por papar um verme, mas de beber
vasos de sulfato estão os camposantos cheios (ein?)
Eu, ao igual coma vos, tambem me declaro 'científico'. Soa bastante
melhor que 'porco', a verdade. Eu fixera um experimento com uma
pranta de mariuana (por certo, como é isto em galego???), que
nascera, e morrera ao pouco, e sairam champinhões na terra (não
falo de barolo, eram setas com o seu talho e todo). Respecto aos
experimentos no fogar, tenho chegado às seguinte conclussões:
- O quarto de banho, aguanta bem dous meses sem o fregar. A
partir daquela, empeza a dar algo de nojo, porque saes da ducha, e
tens que volver fregar os pés
- A cozinha, para que estea impecável, chega com limpá-la cada
duas semanas, ainda que aguanta bastante mes até um mes ou
mes e meio.
- A aspiradora, não é preciso em absoluto passá-la. A acumulação
de pelusas permitem andar delcalzos sem passar frio, substituindo
ás alfombras. Desgraçadamente, as visitas não sempre concordam
com isto.
- Os cacharros, fregando uma vez por semana, evitamos a
acumulação excesiva, já que (no meu caso), são os cacharros duma
semana cabem sem atrancos no fregadeiro. A partir de aquí, empezas
a ter cacharros suxos polas encimeiras, cousa pouco agradável.
Afortunadamente os pratos tenhem um 'límite de acumulação',
ao que chegamos quando já não temos mais limpos, e temos
que, ou bem fregar para comer, ou bem não comer, ou buscar
soluções imaginativas, como usar pratos de plástico, ou comer
directamente da pota. Em qualquer caso, o volume de pratos
pendentes de fregar, não aumenta. Podemos reduzir o límite
de acumulação tirando parte da vaixela.
Fora interesante a experiencia que levamos a cabo na Corunha,
reduzindo o máximo possível o 'límite de acumulação', mediante a
retirada de quase toda a vaixela, agás a imprescindível. O resultado
fora espectacular, já que os cacharros únicamente se acumulavam
no fregadeiro e na mesa da cozinha, deixando livres espaços que
até então não o estavão, como o chão, a neveira (por dentro, e
enriba), o 'alfeizar' (como se dize isto em galego??) da janela, a
parte de enriba da Mepansa (já que não o sei em galego, digo-o
em hierrolano), e outras.
- Segundo fontes de pouca credibilidade, há gente que limpa outras
cousas da casa, como as janelas, a graxa que se acumula na
Mepansa, a merda de embaixo dos sofás ou da cama, as portas
dos armários, o espelho do banho, etc. Considero que isto é
algo absolutamente ridículo, carente por completo de fundamento,
e froito da superstição e não do pensamento racional e científico,
polo que me nego a incluí-lo nos meus experimentos presentes
e futuros
Que vos medre
Krilin
PD: Notase muito que acabo de sair do choio, e ainda me patina
algo a neurona?
Resposta de Paquito
Vendo tal e como esta o mundo masculino a nivel limpeza da casa, non debo estranarme pois de como e o meu companheiro de piso en Napoli.
En fins...
Resposta de Mia
Espero que non o tomedes mal, pero para o da calvicie
xa se inventou o remedio. Chámase Propecia, de venta
en farmacias. Eu conozo un rapaz que o usaba e a
verdade é que lle iba moi ben. O malo era o prezo,
unhas 8000 pelas da época ó mes. Eu personalmente creo
que compensa, en vez de gastálas en vicios varios(cada
un saberá os seus, e que calcule). O que non sei é se
ten efectos secundarios. O mellor perdedes vista ou
encanto personal, pero cun pelaço quen necesita
encanto personal, non?
En fin, consultadeo coa almofada, ou mellor non, que a
almofada xa sabemos o que vai dicir.
Y no se me enojen.
Abur
Mia
Resposta de Xoanteis
Eu sigo dizindo que investigarei as plantaçoes de pelame em maceta.
Ademais, o Transparente e o Krilin (por non falar do Hierrol) xa non teñen remedio. O único que se poderia salvar seria eu ...
e na minha próxima vida eremita o pelo é um accesorio innecesario (que bonito palavro redundante: accesório innecesário).
Opaa
13.7.05
Lembrando aos Trospiros
Lembrades aquel mítico grupo chamado "Trospiros de Canha"?? Aqui vos deixo esta ligazón para que poidades verificar vós mesmos que non foi unha moda pasaxeira, deixaron escola, e que escola!!!
11.7.05
Parte Metereolóxico

O Capitán ultimando a viaxe co Sextante
8.7.05
O Patrón
Tal e como lle chamaban no video de Hai que botalos, aquel do Punto Final, o presidente en funcións quere exercer o seu papel de vello patrón até o extremo; quere ser o último en abandonar o barco -non creo que chegue a afundirse- e apura os seus últimos momentos atando todos os cabos posibeis. Non era para menos... algún dos seus antecesores nisto de mandar -o seu mestre en moitos aspectos- xa o fixera antes do seu pasamento e ainda o estamos padecendo, lembrades aquilo de "atado y bien atado"? Pois iso mesmo é o que pretende facer o vello patrón no noso caso... a fins de contas el sempre pensou que o barco era del, ou máis ainda, que el era o propio barco.
7.7.05
Protesta em Vigo




As pantasmas...
Novamente as pantasmas actuaron, sementando regueiros de sangue e morte. Outra volta sentimos a dor, esta vez na distancia mais próxima no sentimento e nos recordos do acontecido tempo atrás nos nosos propios corpos. As pantasmas volven no menor descoido e fan o que mellor saben facer, atacar, matar; quen sabe se eles non son tamén vítimas dende o lonxe, vítimas noutras guerras ou quizais nas mesmas. A loucura non sabe de fronteiras.
Agora sairán os politicastros de turno, cariacontecidos, a vendernos as desgrazas, pretendendo tirar tallada da dor da morte. Que non nos enganen! eles son os principais asasinos, os causantes directos de todo o que leva acontecendo dun tempo a esta parte. Posibelmente non lle vexamos saída ao tunel e teñamos que arrastrar esta calamidade durante un longo periodo, non o quero pensar sequera... dez, vinte anos ou máis... hai que irse afacendo, é o noso sino por irresponsabeis; a fin de contas, nós tamén temos a culpa.
6.7.05
Crónicas rosa
A miña pretensión era a de dar comezo á sección de crónicas rosa... pero tal e como estamos as fillas de puta saenme sempre negras! Deixareino para outra ocasión.
Eu quixera...
Hoxe erguinme da cama cunha multitude de extrañas sensacións... non sei como nen a causa de que pero apetecianme dúas cousas: Coller unha mítica lascarda, desas que farían historia se fose capaz de lembrar o acontecido... e outra, facerme unha tatuaxe.
Non sei tampouco moi ben pq. pero ao longo da mañá creo que deixei de ter ganas de ningunha das dúas cousas; serán arroutadas que lle veñen a un.
Facéndolle os honores...
Facéndolle os honores ao meu novo pseudónimo.
ROMANCE DE DON GAIFEROS
I onde vai aquil romeiro, meu romeiro a donde irá,
camiño de Compostela, non sei se alí chegará.
Os pés leva cheos de sangue, xa non pode máis andar,
malpocado, probe vello, non sei se alí chegará.
Ten longas e brancas barbas, ollos de doce mirar,
ollos gazos leonados, verdes como a auga do mar.
-I onde ides meu romeiro, onde queredes chegar?
Camiño de Compostela donde teño o meu fogar.
-Compostela é miña terra, deixeina sete anos hai,
relucinte en sete soles, brilante como un altar.
-Cóllase a min meu velliño, vamos xuntos camiñar,
eu son trobeiro das trobas da Virxe de Bonaval.
-I eu chámome don Gaiferos, Gaiferos de Mormaltán,
se agora non teño forzas, meu Santiago mas dará.
Chegaron a Compostela, foron á Catedral,
Ai, desta maneira falou Gaiferos de Mormaltán:
-Gracias meu señor Santiago, aos vosos pés me tes xa,
si queres tirarme a vida, pódesma señor tirar,
porque morrerei contento nesta santa Catedral.
E o vello das brancas barbas caíu tendido no chan,
Pechou os seus ollos verdes, verdes como a auga do mar.
O bispo que esto oíu, alí o mandou enterrar
E así morreu señores, Gaiferos de Mormaltán.
Iste é un dos moito miragres que Santiago Apóstol fai
Politicamente incorrecto
Gustariame usar este espazo para manifestar a miña opinión contraria á realización dunhas Olimpiadas na cidade de Madrid. Figuriñas aristocráticas e algún que outro exdeportista non merecen o máis mínimo comentario, descalifícanse de seu; Outra cousa son os políticos... deberían facer política real, de fondo, non de grandes eventos publicitarios; xa está ben de Expos,Xacobeos,Olimpiadas e demáis. Somentes é a miña modesta opinión.
5.7.05
Conxunciós Telúricas

Muiño en Cotobade
Furanchos
Localización dos furanchos da zona do aeroporto de Vigo. Prema vostede, se lle prace, a foto para ver máis polo miúdo.
1.7.05
Outro estilo
Se o voso estilo é máis atrevido, picante, paixonal... guarrindongo ao tempo que simpático, aqui tedes isto.
O Cálico

Calicoelectronico
Sei que está moi visto, que lle poñen ligazóns en moitos sitios... pero é tan simpático e cachondo que calquera se resiste a unha ligazón homenaxe.
Le ragaze napoletane
Como metin a pata e non sei o q fixen, tal como expresei no alpendre, mandovos o outro blog q debin crear sen querer, e onde escribin o meu primeiro traballo. Se alguen sabe como exportar esta follar para o listado de alpendre, q mo diga. Espero q vos guste, saudos
http://ragazzenapoli.blogspot.com/
Aproveitar a coxuntura
Comentándolle o tema da recente aprobación da lei de matrimonios entre homosexuais a un compañeiro (precisamente disa orientación sexual) recomendeille participar en todos cantos actos revindicativos houbera pero non polo feito de darlle o seu apoio á lei de marras, se non por cousas máis terrenais: para sairen do armario pola porta grande, relacionarse máis co "gremio" e incluso para ligar, que coño!
Lamentabelmente o colega xa non me toma en serio mais estou seguro de que a miña proposta, lonxe de ser unha loucura, era unha opción a valorar xa que, despois de todo, a sociedade en breve esquecerá todo este tema e estes colectivos pasarán a ser outros máis, outro colectivo tan normal como calquera..., por outra banda, levan desexandoo moito tempo. E digo eu, onde está o problema de tirarlle proveito ao asunto?
Subscrever:
Mensagens (Atom)