7.7.05

As pantasmas...

Novamente as pantasmas actuaron, sementando regueiros de sangue e morte. Outra volta sentimos a dor, esta vez na distancia mais próxima no sentimento e nos recordos do acontecido tempo atrás nos nosos propios corpos. As pantasmas volven no menor descoido e fan o que mellor saben facer, atacar, matar; quen sabe se eles non son tamén vítimas dende o lonxe, vítimas noutras guerras ou quizais nas mesmas. A loucura non sabe de fronteiras. Agora sairán os politicastros de turno, cariacontecidos, a vendernos as desgrazas, pretendendo tirar tallada da dor da morte. Que non nos enganen! eles son os principais asasinos, os causantes directos de todo o que leva acontecendo dun tempo a esta parte. Posibelmente non lle vexamos saída ao tunel e teñamos que arrastrar esta calamidade durante un longo periodo, non o quero pensar sequera... dez, vinte anos ou máis... hai que irse afacendo, é o noso sino por irresponsabeis; a fin de contas, nós tamén temos a culpa.

Sem comentários: