1.7.05

Aproveitar a coxuntura

Comentándolle o tema da recente aprobación da lei de matrimonios entre homosexuais a un compañeiro (precisamente disa orientación sexual) recomendeille participar en todos cantos actos revindicativos houbera pero non polo feito de darlle o seu apoio á lei de marras, se non por cousas máis terrenais: para sairen do armario pola porta grande, relacionarse máis co "gremio" e incluso para ligar, que coño! Lamentabelmente o colega xa non me toma en serio mais estou seguro de que a miña proposta, lonxe de ser unha loucura, era unha opción a valorar xa que, despois de todo, a sociedade en breve esquecerá todo este tema e estes colectivos pasarán a ser outros máis, outro colectivo tan normal como calquera..., por outra banda, levan desexandoo moito tempo. E digo eu, onde está o problema de tirarlle proveito ao asunto?

Sem comentários: