23.7.05

Sentimentos encontrados

Rabia, dor e impotencia: Ver as imaxes da TV nas que os compañeiros dos falecidos no incendio de Guadalajara son obrigados a permanecer fóra da igrexa onde se celebraban o funerais, sen poder asistir á despedida dos seus compañeiros e amigos, fíxome sentir unha impotencia e unha rabia cara os representantes políticos só comparabel a dos duros momentos que vivimos durante a crise do Prestige ou da guerra. Impresentabel. Cariño, amor, vida: Lin unha nova nunha revista que me deixou bastante pensativo. Segundo parece entre as parellas de lesbianas lévase moito que unha delas aporte un óvulo, que este seña fecundado artificialmente e despois seña inserido no corpo da outra para ser xestado, e así, finalmente, traer ao mundo o seu fillo. Deume a sensación de que esa ten ser que unha manifestación de cariño e amor como poucas; dalgún xeito esa criatura nacería como resultante de dúas nais "naturais", ambas case ao mesmo nivel, unha e outra. Tamén terían a posibilidade de invertir o rol en futuras xestacións, co cal estariamos ante unha forma de nacemento que non ten equivalente no mundo heterosexual, aquela na que ambos membros poden "alumbrar", parir, a súa propia descendecia.

Sem comentários: