30.9.05

Cuestión de Criterio

Nunha recente e infructuosa discusión -a berros, obviamente- cun compañeiro quedei sen argumentos para defender a miña postura que viña sendo tan simple como manter que os gustos musicais hai que coidalos, que hai que ter criterio,... non é válido un simple "esto gústame". Eu polo menos procuro escoitar algo que enriqueza na medida do posibel. Asumo a miña culpa. Recoñezo -por vez primeira- a miña incapacidade xa que non fun quen de expoñer axeitadamente os meus posicionamentos, liado como estaba entre exemplos literarios e outras demagoxias. Agora penso que é mellor proceder doutra maneira, atacar o problema cun simple exemplo do que é, sen lugar a dúbidas, unha proposta plena en canto a proxecto artístico e indubidabel e exquisita calidade. Trátase de Olga Román, unha excelente cantante que é máis coñecida por acompañar ao amigo Sabina en moitos dos seus traballos e xiras que pola súa carreira como tal.
A sombra de Sabina é moi longa e o seu magnetismo é tan atrainte que as veces esconde e oculta outros astros que merecidamente deberían brillar con luz propia. O de Olga Román é ese caso. Asdo. Eans de Cotón

Sem comentários: