18.9.05

Medo

Medo, iso é o que moitos sinten cando non comprenden. Medo irracional, sen motivo… medo mentireiro, que engana. Hai moitos que o propagan, que o usan para os seus propósitos… que nos asustan para así superar o seu propio temor. Son falsos profetas que pronostican un negro futuro, un futuro hipotético que o seu propio medo convirte en real. Utilizan o medo para facer ataques preventivos, para oporse a matrimonios que “destruirán a sociedade e a familia”, para negarse a reformas que “disgregarán España”, para ilegalizar partidos políticos pasándose a democracia polo forro dos mismísimos, para controlar os medios de comunicación, para censurar o pensamento. Inventan “armas de destrucción masiva” para lucrarse coa guerra, coa fabricación de armas, coa reconstrucción do país que eles mesmos destrúen e co petroleo que rouban. Usan o medo para destruir o mundo mentres eles se enriquecen. Úsano para xustificar o asasinato dun inocente mentres viaxa no metro, para controlar o que falamos “por motivos de “seguridade nacional”, para conseguir o teu voto con “axudas económicas”. Medo a unha eternidade no inferno se incumples a “Lei de Dios”, medo ó diferente, medo ó extranxeiro, medo, medo, medo,… Cando non os temes e negas as súas mentiras, cando protestas contra as suas guerras, contra a súa intolerancia, contra os seus abusos,… entón eres “un traidor a la patria”, “un terrorista”, “un pancartero”, un “separatista”, andas “ladrando por las esquinas”, estás “tarado”, eres un “hipi”, un “progre trasnochado”ou un “maricón”… pero é entón cando eles teñen medo. Medo a que se descubra o pastel, a perder o poder, a que a xente deixe de temer, a que o mundo cambie sen contar con eles… Ese día o mundo será outro,… pero ese día aínda está por chegar.

Sem comentários: