2.9.05

Refuxios


Vello coche
Cada persoa necesita do seu propio espazo, o seu lugar onde resgardarse cando as circunstancias lle resultan adversas ou simplemente cando a un lle fai falla reencontrase consigo mesmo. No meu caso, o meu recantiño é un vello coche, un modelo antigo, realmente desfeito e abandonado; deixado xa fai anos á beira dun castiñeiro. Foron moitas as veces que sendo eu cativo xoguei nese trasto, mesmo diría que son responsabel, en parte, da súa desfeitura. Ainda así, teñoo gardado na memoria cun especial cariño, cun aquel de familiaridade que só reservas aos lugares onde desfrutaches sendo crío. Cando teño tempo e paso por alí para ensaiar un pouco na gaita, nese mesmo souto, sempre procuro pararme, botarlle unha ollada rápida e así lembrar, na media do posibel, aqueles gratos momentos da infancia, agora tan lonxanos. Asdo. Fernán da Veiga

Sem comentários: