Pepe Temprano tocando nun "xantar gaiteiro" (gaita de fol azul)
Dos gaiteiros que eu coñezo hai un que particularmente destacaría:
Pepe Temprano,
Pepito.
Este home representa a personificación da
paixón pola gaita, pola nosa música, pola
dignificación do enxebre, do país.
Quen o coñece dase conta facilmente de que a súa vida é a
música ao 100 % ou máis: Gaiteiro, coleccionista, fotógrafo, actor... todo ten que ver, en maior ou menor medida, coa súa teima gaiteira e todo é vivido coa mesma
entrega.
É un home directo, non dubida un momento en dicir o que pensa, en poñer as cousas no seu sitio. Hai outros que calan con tal de que lles colguen unha medalla no peito, Temprano non é deses.
Asdo.
Eans de Cotón
Sem comentários:
Enviar um comentário