22.9.05
O simbolismo da Cidade da Cultura
Despois de malgastar unha chea de cartos nunha monumental loucura, no que pretendía ser o mausoleo Manuel Fraga, os actuais responsabeis da Cidade da Cultura de Galiza decatáronse do baleiro inmenso que esta vai representar.
Para min non hai mínima dúbida... é o paradigma do nulo concepto cultural que tiña o anterior goberno, un enorme baleiro, unha completa nada, un oco enorme imposibel de encher... é lóxico se pensamos que para eles, á vista dos seus ollos, esa cultura nunca existiu.
Asdo.
Xoán de Requeixo
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Enviar um comentário