24.8.06

Adeus, Plutón

Indignado estou, si, paréceme fatal. Falo da recalificación sufrida estes días por Plutón, que deixa de ser planeta despois de moitos anos formando parte de tan selecto clube. As razóns, estúpidas. por ser pequeno. cantas veces tivemos que escoitar que o tamaño non importa.... pois polo visto sí, sí que importa. Estou seguro que o PP anda detrás de todo isto, ou porque non poden recalificar leiras alí, porque non hai montes que queimar, ou a saber por qué razón será. Espero que reconsideren a sua postura os señores astrónomos, porque, non por ser frío e pequeno alguén poida ser marxinado, salvo que os intereses urbanísticos "peperos" teñan que ver, cousa por demostrar. Ainda lembro cando, por razóns administrativas, Celta e Sevilla foran descendidos a 2ª, e ó final creárase unha liga de 22 equipos. ¡¡ Saiamos á rúa para que Plutón recupere o lugar que nunca debeu deixar!! Paquito

1 comentário:

Anónimo disse...

O positivo é que con esta desafortunada decisión logo de estar setenta e pico anos deliberando están a converter a Plutón nun mito. O Ché galáctico.