1.8.06

Saude pro comandante

Todos sabemos que facer distingos entre dictadores é unha aventura arriscada mais no caso que esta de actualidade, o Cubano, posibelmente sexa mellor ir tirando co vello Fidel que abrille as portas a unha eventual pero case segura intervención norteamericana. Pois iso, por se acaso, en previsión de males maiores... moita saude Fidel! Xoan de Requeixo

1 comentário:

Anónimo disse...

Resulta triste pensar que xa hai empresas inmobiliarias españolas á rapiña da illa e en espera da caída da revolución cubana.

Todos coma boitres, frotando as maos e con eles outros moitos boitres que viven en Miami e que de democracia ben pouco quixeron saber no seu día. Seino ben pq. tócame ben perto.

Triste ver como a riqueza que poida quedar en Cuba vai ser expoliada por unhes poucos pero é o que vai pasar, está pasando xa e sorte sería se a cousa queda só niso.

Fernán da Veiga