6.9.05
A Evolución
Un novo descubrimento cientifico revoluciona as teorías da Evolución Política tradicionais
Acaba de facerse público un estudio realizado polo Instituto de Estudos Político-Animais e Interrelacións Institucionais (I.E.P.A.I.I.), que demostra que é posible a evolución de especies políticas xa consolidadas noutras de rango superior, feito que, ainda existindo precedentes, ata hoxe non se tiña documentado dun xeito cientifico.
O obxecto de estudio centrouse nuha especie en particular pertencente o xénero Politicae . Ésta especie está contida dentro da familia dos Especulationae, que está ámplamente difundida por toda a Península Ibérica, tendo o seu hábitat natural nas zonas máis densamente urbanizadas, ou en proceso de urbanización. O espécime elexido para realizar o citado estudio foi un Homo LaVazquensis, máis comúnmente coñecido como “Paco”, ou en certos ámbitos como “Sir Paco”. Dito espécime presenta uns comportamentos particulares que, dende fai uns anos, fixo que os cientificos centrasen a sua atención nel.
O “Paco” mostra certas características que o aproximan moito a outra especie, o Homo Manueliticus Bambolensis, tamén coñecido por “Don Manuel” ou “Fragasaurio” dependendo das fontes consultadas. Ésta especie, ainda que pertence o mesmo xénero que o Homo LaVazquensis (os Politicae) non comparte a mesma familia xa que o Homo Manueliticus Bambolensis é o máximo expoñente da familia dos Galaicus Cacicae que ten como ámbito natural a rexión noroeste da Península Ibérica. Xeralmente as similitudes entre as dúas especies non pasan de anecdóticas, pero no caso do “Paco” presentanse unhas peculiaridades que fan pensar nunha aproximación que vai máis aló da casualidade a “Don Manuel”, de feito os científicos que realizaron o estudio constataron que existía unha relación de proximidade, cando non afectiva, entre os dous espécimes que posiblemente propiciou este achegamento. Son múltiples os exemplos que demostran este feito, aquí podemos mencionar algúns, tales como o antinacionalismo-galaico-radical que os dous espécimes profesan e levan ata o paroxismo máis irracional, a incapacidade demostrada de comunicarse de maneira comprensible na lingua propia dos seus conxeneres por causas de alerxia lingüístico-cultural ou o feito de que ata na maneira de desplazarse o “Paco” mostra un cada vez máis que notorio “renqueamento” que o aproxima indiscutiblemente a particular maneira de desplazarse do “Fragasaurio”, a cal debe o seu nome cientifico.
A cuestión é que o “Paco” está asimilando características e actitudes propias de “Don Manuel” ata tal punto que os científicos concluiron que o que se está a producir realmente e un proceso evolutivo completo que concluirá coa transformación de “Paco” nun novo “Don Manuel” (ou en todo caso “Don Paco”), converténdose na nova cabeza visible dos Galaicus Cacicae, que precisamente están en proceso de búsqueda dun novo Homo Manueliticus Bambolensis que substitúa o antigo, xa retirado por motivos de saude (electoral).
Tras facerse públicos os resultados do estudio suscitaronse reaccións procedentes de distintos persoeiros entre as que destacacaremos a do protagonista obxecto do estudio que en declaracións a este medio mencionou ó respecto: “-Bueno hombre, yo siempre le dije a Don Manuel que yo soy un alcalde comprometido hasta las cachas!”…(comprometido con “Don Manuel”, enténdase).
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Vai-te ao teu país. Desagradecido inmigrante ilegai, jeje.
quicir... Ilegal!!!
¿Dende cando o dereito a opinar está restrinxido pola orixe de cada un?
Home... non sei se un ten direito ou non a opinar, un xa non sabe nadiña e non quixera entrar a discutilo.
Nunca viches a un güiri falar mal da túa terra??? Qué sentiches? Pois venche sendo parecido...
Enviar um comentário