21.9.05

A Liberdade Anticonstitucional

O Partido Popular vai presentar un recurso de anticonstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional en contra da lei que regula o matrimonio entre personas do mesmo sexo, que dito sea de paso, e a lei que regula o matrimonio entre calquera persoa. E eu pregúntome: ¿Qué criterio siguen para soster tal argumento?, ¿ónde está a inconstitucionalidade?, ¿qué dereitos fundamentais vulnera esa lei?, ¿qué liberdade se coarta?, ¿hai alguen que sinta os seus dereitos minguados polo feito de que dúas personas calesquera casen?... ¿non resulta completamente ridícula esa actitude? Non entendo ónde queren chegar con esa maneira de actuar, ¿están acaso reafirmandose así mesmo como heterosexuais homofobos, católicos, apostólicos e romanos?. Pois creo que para facer tal cousa non e necesario actuar de tal maneira, ainda que non me sorprende. Esa lei que tildan de inconstitucional promulgouse precisamente para que o dereito o matrimonio fora accesible nas mesmas condicións a calquera persoa que quixese exercelo, sen que existise discriminación algúnha, implicita ou diferida da sua aplicación. Simplemente o que esa lei fai é igualarnos a todos. ¿E iso é anticonstitucional?, ¿pero realmente así o cree o PP?, o feito de que a liberdade, a igualdade de trato ante a lei, a non discriminación, a tolerancia e a aconfesionalidade do estado non entre dentro das súas crenzas politicas e relixiosas non fan delas algo inconstitucional. ¿Seica creen estes señores que a constitución está feita a súa medida?, non señores, non, a constitución non é a Biblia. A constitución acolle os dereitos e deberes de TODOS, non so os dos católicos do PP, e como tal non pode discriminar a ninguen por razons relixiosas ou de sexo. TODOS somos iguais ante a lei, temos os MESMOS dereitos e deberes, e mais ainda dende que neste país podes casar coa persoa que queres. Evidentemente están no seu completo dereito, poden protestar e recurrir todo o que queiran, diso se trata. Pero non deixa de ser significativo que o fagan e a maneira na que o fan, ¿tal vez pretenden facer campaña?. Non creo que o Tribunal Constitucional aprobe tal recurso, porque non cabe dentro da cabeza de ninguen cun mínimo de sentido racional que a liberdade sexa anticonstitucional, e nese caso os Zaplana, Acebes, Rajoy e compañía xa saben o que teñen que facer… ou aceptar a democracia como o que é, algo de TODOS, ou resignarse a desaparecer políticamente, porque nese senso non lles vai ser moi rendible o asunto… vamos, penso eu.

6 comentários:

Anónimo disse...

Se tan seguro estás da constitucionalidade da lei non deberias alporizarte tanto. Acho que debes aceitar o feito de que haxa xente que discrepe das túas opinións e actúen en consecuencia coas súas ideas (fenómeno extraño ao falar de políticos). Lémbrasme as actitudes de moitos que se queixan e patalean cando os abertxales presentan recursos ante tribunais europeos... e iso, evidentemente, non é así. As leises e direitos están tamén para eles.

Eu particularmente descoñezo se a lei é inconstitucional ou non, e non penso manifestarme ao respecto. Penso, iso sí, que os direitos que nela se recollen deberían ser aprobados sen máis demora e sen maiores atrancos pero non podo xulgar materias complexas e extrañas como é o direito para decir que é ou non é constitucional, iso é todo un atrevemento arriscado.

Ademáis do anterior, diriache que discrepo desas outras opinións políticas -psoe, por exemplo- nas que non queren entrar a valorar a constitucionalidade da lei. Sinto que ven sendo algo así como se fan algo ilegal (lembremos que a Carta Magna é a Magna por algo!) pero como a eles lles parece oportuno permítense a licencia de mirar para outro lado. Non sei se me explico, iso tampouco é así.

Por outra banda, eu tampouco me lanzaría... os tribunais e estamentos xudiciais teñen unha clara orientación política (normalmente coxean do lado direito), iso é un feito innegabel, xa se demostrou noutros moitos casos anteriores, así que non correría tanto como pretendes. Hai que ir de vagar, pasiño a pasiño, ir a modo pero irlle lonxe.

En calquer caso... se ao final se demostra que tes razón... os do recurso perderían algo máis ca unha batalla... mentres que se a califican de insconstitucional todo é cuestión de refacer algo aqui ou algo acolá, así de simples.

Todo se verá.

Asdo.

Fernán da Veiga

Trasancos disse...

Tres cousas:

a) Aceito perféctamente o feito de que se presente o recurso, é máis, e perfectamente coherente e están no seu dereito. Pero iso non implica que comparta os motivos nin o feito en si.

b) Eu tampouco son un experto en dereito constitucional, pero non por iso deixo de ter unha opinión o respecto, sobre todo cando considero que é algo tan evidente, polo menos para min.

c) Pode ser que os tribunais estén politizados, non o nego, pero non é ese o tema, ainda que afecte a conclusión de este asunto. A cuestión é que eu, como moitos outros, non entendo a actitude de certas persoas en contra de esta lei, e así o expreso. non pretendo censurar a ninguen nin moito menos, so manifesto cal é o meu parecer o respecto.

Xa veremos si é necesario lidiar noutra batalla máis... nunca se sabe.

Trasancos

xurxof disse...

Desgraciadamente o PP non deu información sobre o contido do recurso, é dicir, non sabemos aída en que argumentan a súa opinión de anticonstitucionalidade da lei. Entre outras cousas porque o recurso moi probablemente estea a ser aínda elaborado. Esto demostra que:
a) O recurso ten un marcado carácter político. Ninguén di que vai denunciar algo sen dicir que é o que vai denunciar. O obxectivo non é impedir que se acepte unha lei presuntamente ilegal, senón minar a imaxe do Goberno (e o PSOE)
b) O recurso ten un marcado carácter simbólico. As bases máis conservadoras (por ser frouxos calificando) estan a pedir xestos que definan a actitude do PP frente a este e outro asuntos. E esa actitude, para esas bases, ten que ser acorde con certas ideoloxías. O boxectivo do recurso tamén é, porén, o de manter o apoio social de parte do seu electorado.

Trasancos disse...

Concordo certamente en que todo esto ten un claro caracter político, máis ainda cando acaba de facerse público que segúramente os servicios xuridicos e legais do PP ainda non estudiaron a fondo o dito recurso. Por eso creo que todo esto non vai chegar a bo porto, polo menos para eles, xa que o único que van conseguir e reafirmarse na dereita máis conservadora coa conseguinte perda do o electorado de centro, que tanto tempo levan perseguindo. Penso que están cometendo un erro no que os seus propositos políticos se refire. Quen sabe, o mellor ainda levamos algunha sorpresa.

Trasancos

Anónimo disse...

Na miña opinión a cousa é ben simple... non dan esa información xa que non teñen tan claro esa presunta inconstitucionalidade, eso é evidente.

Estou de acordo en que é un atranco máis ao traballo do goberno mais iso é un feito que está á orde do día en política.

Non sei se lles sairá o tiro pola culata, nin sequera teño eu moi claro que lles vaia funcionar, qué cara van poñer se o tribunal acepta a constitucionalidade??? Levarían un pao moi grande, un pao que perfectamente poderían evitar deixando pasar o tema pero está claro que é o que piden os seus electores... fan ben en darllo, non si?

Asdo.

Fernán da Veiga

Anónimo disse...

Xa está presentado o recurso de marras.

En breve veremos se a cousa queda como está -o máis probabel- ou se teñen que andar argallando algunha solución de última hora.

Eu sinceramente non vou dicir máis cousa que quero que o PP se equivoque... pero iso é por principios, non por solidaridade (que tamén).

Asdo.

Xoán de Requeixo