17.5.06

Desnortados

Os partidos, colectivos e mesmo os individuos afíns a ideas de esquerdas andamos -coma tantas outras veces- desnortados, distraidos e ensimismados, discutindo polas mesmas parvadas formais de sempre. Mentres nós estamos así, dende a outra bancada non perden un minuto, apuran o paso e aprópianse -coa nosa licencia- dos símbolos daquelo polo que nunca loitaron e que a outros tanto lles costou acadar. Regalámoslles a Constitución e con ela están facendo todo o que lles ven en gana, sempre na nosa contra. Regalámoslles tamén -por ese absurdo e cándido exceso de tolerancia- a memoria e deste xeito están a escribir a historia que lles parece máis oportuna, como un traxe feito a medida do vencedor, criminalizando o vencido. Permitímoslles deixar media España chea de monumentos aos seus heroes (dade un paseiño pola cidade da Cruña) e mesmo non houbo quen impedira a subvención para a súa fundación favorita, pagámoslla mesmo do noso peto. e qué fixemos nós? Alguén debería marcar o rumo desta nave, imos sen compás nen temón e non poderemos ir así por moito tempo. Asdo. Xoan de Requeixo

2 comentários:

Anónimo disse...

E logo regalámoslle a Constitución??? eu pensaba que era unha das súas esmolas!! Se é así, poden metela no máis fondo do cu.

A filla do Cachirulo

Anónimo disse...

Ben, recoñezámolo... non o quería dicir con esas palabras... pero si, é unha das súas esmolas, non se pode negar. É unha cousa ben sabida por todos.

Asdo.

Xoan de Requeixo