Gostaríame chamar a atención da xente da cidade da
Cruña nun tema que resulta particularmente penoso. Trátase da
"renovación" que está a levar a cabo o concello no empedrado da
Cidade Vella, ou o que é o mesmo, eliminan as vellas e históricas pedras para sustituilas por outras novas de feitura moderna, "granito de máquina", co cal as rúas e os rincóns que as conforman perden toda ou boa parte do seu encanto e beleza.
Xa tiñamos exemplos desa desfeitura na
Praza da Constitución (sintoo máis a miña memoria non me permite lembrar o nome histórico da mesma, desculpádeme) xusto diante do edificio de Capitanía... toda ela de evidente mal gusto. Outro exemplo ben coñecido... o propio empedrado dos
Cantóns.
Non se pode permitir que o desexo que tanto tempo se lle negou ao Sr. Pacón, ese capricho de neno rico, recén chegado á Cidade Vella, se leve a cabo unha vez que deixou o seu cargo.
Eu dou o meu sinceiro apoio ao veciños desa zona, aos que levan toda a vida vivindo nesas casas e que tan ben lle queren a aquelas pedras e á súa historia.
Espero que esteñades todos comigo e con eles.
Asdo.
Fernán da Veiga.
1 comentário:
Hoxe lin no xornal ADN un artigo sobre o empedrado de marras... vexo que non todo o mundo ten a mesma opinión...
Fernán da Veiga
Enviar um comentário