Xa estamos outra volta co mesmo.
Os do mar muxián...
queren fábrica de peixe
a pesar de encher de merda o seu océano...
e esnaquizar o seu entorno,
válelles se conseguen un traballiño.
Nós...
arremecajenacona!!
a dicirlles que non...
que non a queremos!
que queremos ver o mar
limpo como unha vitrina.
Eles din que queren traballo,
traballo que nós non lles damos,
xa o quixeramos tamén pra nós,
non se pranta na horta,
nin sae da chisteira,
e tampouco de debaixo da boina.
Eles din que só emigración,
marchar ás Canarias, a Alemaña....
insisten en que a queren
e nós que non!
que non estamos pra colonias,
que queremos progreso, futuro!
e non esa industria colonial!
Sempre a mesma división,
pareceres separados,
non se unen,
nos se xuntan nin co SuperGlue.
Un muro de incomprensión,
un monumento petreo á diferencia,
aos caracteres irreconciliabeis,
á falla de puntos intermedios,
tonos puros, brancos ou negros.
Unhes berran "Nunca máis"
... outros "outra máis"
Unhes "so tuzaros"
... outros "Ecofascistas".
Non hai remedio, somosche así
e así che somos,
está visto.
Asdo.
Fernán da Veiga
Pd: Entendo que non todos os muxiáns e habitantes da Costa da Morte teñen, representan, o mesmo parecer. Non se ofender.
Sem comentários:
Enviar um comentário