22.6.05
Celebración adiada
Pensei que isto sería máis complexo. Vexo que estades mandando as tipicas mensaxes de "proba de".
Eu quixera estrearme falando dunha festa adiada, espero que non por moito tempo, a festa de democracia neste currunchiño chamado Galiza. Foi unha magoa non poder proceder cos foguetes de 7 estalos o domingo, 19 de Xuño, día das eleccións do noso parlamento mais se as cousas se tercian como deberían, poderémolo celebrar en breve e se cabe con maior forza que antes, cuestión de paciencia, resignación ou masoquismo intrinseco ao noso ser. Hai que roelo. Tensa é a espera.
Adrian Solovio.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Eu xa o celebrei con champán (o licorca quedounos na casa)
pois que atrevemento o teu. Eu mentres, non se demostre o contrario, non dou nada por feito e paso de celebrar nada... isa resaca podería ser insoportabel.
Enviar um comentário