5.5.06

Solo unos negritos…

Miles de personas están morrendo, homes e mulleres e incluso nenos que arriscan a sua vida subidos con 40 ou 50 personas máis nunha embarcación paupérrima e ridícula, acinados como bestas en busca de outra vida. Perseguindo un soño que na maior parte das ocasións os leva a morte.

Alguén se pregunta qué os leva a facer iso?... a ninguén lle importa cal é a historia desta xente?, unha historia que os leva a lanzarse ó Atlántico nunha travesía suicida. Unha historia que sempre ten un final tráxico. Xa son 1800, alguns din que 3000, no que vai de ano!... 3000 mortos!... e non pasa nada?. 3000 personas morreron xa en apenas 4 meses desta maneira e a ninguén parace importarlle. Son só eso, un número, unha estadística? … son seres humanos, personas cos seus soños, penas, vivencias, co seu pasado, con amigos e familias e que teñen unha terrible história que contar se a alguén quere escoitala e se sobreviven para facelo. 3000 mortos!, e a ninguén lle importa? Claro, a fin de contas non son españois, alemáns ou franceses, daquela sería unha das traxedias mais terribles da historia, un desastre, unha hecatombe...

…pero claro, se nin tan sequera son brancos!, son “solo unos negritros”.

Trasancos

2 comentários:

Paquito disse...

Amigo Trasancos, son tantas as inxustizas nesta vida que as veces é mellor non pensar q somos xente civilizada.

Paquito

Trasancos disse...

Non hai civilización en permitir estas cousas, e moito menos en ingnoralas.... iso é o malo