17.7.05
Derradeira Viaxe
Parte de baixas:
Na mañá día 17 de Santiago de 2005 apareceron na Praia do Trece os corpos nús de seis homes. Segundo parece a consecuencia do afundimento da embarcación (o Desprestige) que O Capitán Krápula Mangouras tripulaba coa impericia que lle caracterizaba. Os finados foron dificilmente identificados dado o seu deporabel estado físico, se ben, os forenses advirten que o máis probabel é que este fora previo ao naufraxio. Os corpos foron enterrados no Cimiterio Inglés.
Corpos identificados:
K. C. Mangouras (actualmente reencarnado nunha vaca, traballa dando leite nunha granxa na Alemaña).
Adrian Solovio (reencaunouse nun porco que reside nunha pequena aldeiña do Courel, vive a súa desgraza felizmente sen percatarse de que o están cebando para unha futura mantanza).
Anafrasio do Amaral (reencarnouse en verme, dedica os seus máximos esforzos a escarallar todas cantas cireixas pode, foi visto perto do Santuario do Santo Andrés de Teixido, disque nunca pasara de capullo).
O Paulo (traballa no Circo Italiano-larachés,... acadou o traballo reencarnándose na atracción principal do espectáculo, faise chamar "o artista antes chamado Dumbo"....)
O Pedro Froilaz (perdeu a súa derradeira batalla, desta volta por goleada, agora reviviu no corpo dunha londra no mesmo lugar que lle deu nome, a Praia de Traba).
Abuelo Cebolleta (este foi o corpo máis desfeito, dada a súa avanzada idade; semellaba descomposto un par de séculos antes do afundimento. Descoñecemos se houbo reencarnación, acho que non foi posibel).
Non perdades o tempo rezando pola súa alma, quedar no Trece é entrar directamente no paraiso.
Asdo.
I.A.S
Canción do Serpent
Foi no mil oitocentos noventa
cando en negra noite, un gran temporal
Un cruceiro que viña do norte
as costas Galegas foi a embarrancar*
Foi na noite do dez de novembro
ao mando do Serpent ia Mister Ross
e a tres millas do Cabo Vilano
foi dar onde as pedras do baixo do Boi
En Camariñas, ainda hoxe lémbrase ben
o que na costa, aquela noite aconteceu
pobres mariños...do barco Ingles
Cento setenta e tres homes
perderon a vida salvandose tres.
Esta foi a gran traxedia que nunca na vida
eu esquecerei.
Foron tantos os que ali afogaron
que houbo que enterralos na beira do mar.
E hoxe quedan ali catro pedras
que son testemuña do noso cantar.
Inglaterra vesteuse de lioto
ao saber que o Serpent ali embarrancou*
E pra sempre esta costa Galega
a costa da Morte o nome quedou..
En Camariñas, ainda hoxe lémbrase ben
o que na costa, aquela noite aconteceu
pobres mariños...do barco Ingles
Cento setenta e tres homes
perderon a vida salvandose tres.
Esta foi a gran traxedia que nunca na vida
eu esquecerei.
Pd: Os vellos do lugar (non sei pq. certas cousas sempre as teñen que dicir os vellos) apuntan que as derradeiras palabras do malogrado Capitán K. Mangouras foron "Viva a Dansa de Arcos, Viva Camariñas.... Vai polo aire!".
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário