21.7.05

Se o PSOE fora como o PP

Que ninguén se trabuque. Non vou defender o indefendible. Pero se o PSOE fose como o PP, nesto do incendio de Guadalajara: 1. Non se sabería a superfice quemada. O dato oficial variaría de cando en cando. 2. Os informes oficiais indicarían que o frente incendio estaría a varios quilómetros de calquera poboación. 3. A vicepresidenta non tería viaxado alí. 4. Non baixaría a rúa entre a xente e se deixaría increpar. 5. Ao día seguinte, en vez de escusalos (como fixo a vice) lles chamaría terroristas, batasunos, radicais, desafectos e algo máis. 6. As imaxes serían comentadas no telediario por Urdaci. Mentres se escoitan as increpacións, Urdací diría que estaban aplaudindo. 7. Manos Blancas denunciaría aos habitantes por escasa actitude democrática. 8. As lapas serían de estiramento vertical. Pero esto é fantasía política e histórica.

1 comentário:

Anónimo disse...

Os feitos serían así:

1º Na primeira semana non habería incendio, habería pequenos
conatos controlados.
2º Non saberían que facer... non saberían se apagar o lume, bombardear o incendio,... finalmente decidirían pasar de todo e levalo fóra, cara territorio portugués, co cal se extendería por todas partes.
3º Unha vez que definitivamente arde todo... sairían dicindo que non houbo incendio ningún.
4º Dirian que o incendio se extinguirá só -claro que cando xa non houbera máis que queimar-.
5º Quedarían fodidos pero non pola xente, polos animais ou polo monte, só pq. xa non terían onde ir de cacería.
6º Sairían na prensa preguntándolle á oposición e aos manifestantes qué farian eles e efectivamente, chamándolles bastasunos e así.
7º Os voluntarios dispostos a apagar o lume serían tildados repetidamente de drogadictos, vándalos...
8º Aparecería un gordo conselleiro dicindo que foi mellor así...que se arde o territorio todo é mellor que se arde un sitio localizado... lume para todos! Tampouco quedaría lonxe nas súas declaracións o Presidente da Comunidade...afirmando que o lume é sensacional para os piñeiros (véxase pros percebes).
9º Despois de máis dun mes aparecerían o presidente, todo sorberbio, a revisar o
lume dende un helicoptero pero sen pisar a terra.
10º Farian unha desfeita na identificación dos cadaveres, maltratando aos familiares.
11º Despois repartirían cartos comarea... pero como se os sacasen do seu peto, sendo do noso.
12º Para rematalo dirían que foi todo caralludo para limpar e rexenerar o monte e santas pascuas.