11.7.05

Parte Metereolóxico


O Capitán ultimando a viaxe co Sextante
Parte de navegasión Data: 11 de Santiago de 2005. De marexada a forte marexada, con ondas de 3 a 4 metros e bombas de 7 estalos. O parte meterolóxico para a vindeira fin de semana non deixa lugar a dúbidas, promete moitas treboadas, ondas, tsunamis e un chisco de todo; chega forte de coidado, unha rompiente total. Anuncia vento forte a rachar en dirección Oeste. O Capitán da nave advirte que todo vai ir polo aire e se é que as prediccións non andan "H"erradas, iremos finalmente a pique, como non podía ser doutra maneira; de "paren las máquinas" como pouco. Hai que deixarse levar, que a resaca do mar e as ondas nos arrastren, e se morremos afogados na enchenta alcohólica e no bo xantar, benvida seña a nosa desgraza. Amén. Saudos miña tripulasión!!! Asdo. Capitán "Krapula" Mangouras.

3 comentários:

Anónimo disse...

Tripulasión:

Zarpamos a sexta feira. Estade preparados.

Asdo.

Cap. K. Mangouras.

Anónimo disse...

Tripulasión:

Disque houbo un intento de amotinamento nalgún membro da tripulasión. Ao mar con ele...

A nave prosegue no seu rumo fatal... epa!!!

Asdo.

C. K. Mangouras.

Anónimo disse...

Tripulasión:

Partimos hoxe ás 8 da tarde (máis ou menos) dende a estación do Tren... na Cruña...

C. K. Mangouras.