20.7.05

Un pequeno acontecido

Esperto, torno un chisco á cabeza, mirando de esguello cara o cabeceiro da cama, fíxome -máis ben pouco- nun dos moitos reloxos espertadores e creo interpretar as nove menos cinco. Apresurado salto da cama, métome no baño lamentando ter que irlle ao cursiño sen almorzar por falla de tempo... debaixo do chorro, mentres a película de xabrón vai cubrindo o meu corpo, vou pensando se non sería mellor deixar de ir hoxe, por iso de que non pensen que son o que son, un impresentabel. Unha vez acabado, saio do baño apresurado igualmente, determinado a non facerlle caso á mensaxe que a miña cabeciña me quería mandar, que pasase hoxe de irlle ao curso... Por unha vez na vida, non fixen caso. Abro o armario -curiosamente os gais que nel viven non aproveitaron hoxe para sair e iso que ben me poderían pillar desprevenido-, medio me vou vestindo entre o treito que dista da miña habitación á cociña onde vexo a miña nai "almorzando". O primeiro que fai ao verme é preguntarme onde raio vou...posto que son as tres da mañá!!!! De volta para a cama -moi limpiño iso si-, vou pensando nas miñas historias... tentando darlle explicación a tanto desacougo, por suposto non lla atopo... despois ás 4...ás 5...ás 6... volvo espertar pero desta volta non me ergo, bótolle unha ollada ao o demo dos meus reloxos (parente non lonxano dos Trangomangos) por ver se desta volta tamén me quere tomar o pelo. Decididamente si pero xa non lle fixen caso. Ren máis. Pd: 1º Espero non ferir susceptibilidades por mor da referencia do armario, lease en tono humorístico. 2º Esta é unha historia baseada en feitos reais, vaia que si.

5 comentários:

Krilin disse...

Juasjuasjuasjuas!!!

De verdade che passou isso??? Ergueches-te às 3 da manhã, e te duchaches pensando que eram as 9:00? O de que não entrara luz polas janelas, como o explicavas?

Ademais da burla, uma pergunta: foches quem de volver durmir?

Multidão disse...

Real como a vida mesma, así mesmo foi... case non mirei para o reloxo, moito menos polas fiestras. Á volta fun capaz de durmir pero espertaba de seguido.

O.

negritamsr disse...

Que conste que lo mío fue peor, pero ya sabeis como soy... total, debía tener unos 13 años ( ya llovió)y lo típico, te acuestas temprano para dormir e ir al cole, bueno pues voy, me acuesto, debían ser las 10 y de repente abro un ojo y veo en el reloj las 11:30!! me levanto, empiezo a correr por toda la casa, me visto, calzada, mochila en mano y gritando a mi madre porque no me había despertado, que eran las 11:30!! A todo esto, mi padre descojonado´que me dice si, las 11:30 pero de la noche niña, de la noche!!total que en realidad genial porque todavía tenía hasta las 8 de la mañana para dormir.
Ya lo sabeis, hay cosas que sólo me pasan a mi y a homer simpsom, aunque.... haber si voy a tener que añadir al anonimo;)

Multidão disse...

Hai que recoñecer que o teu eran ansias por ir ao colexio... espero que co tempo -pouco tempo, non hai que botarse máis anos que os que corresponden- foras convertindote nunha persoa máis normal, coa preguiza habitual para erguerse para ir ao choio ou así.

O.

Anónimo disse...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!