19.7.05

Prexuizos

Un queda perplexo ante as manifestacións na prensa con respecto ao extraño suceso do estoupido dunha carta-bomba nunha vivenda da cidade da Cruña. Non entendo como é posibel facer opinión sobre unha persoa que actualmente se encontra ferida, ingresada no hospital a consecuencia do mencionado incidente, pola sua filiación política, prexulgandoo como culpabel de pretender construir cartas-bomba. Estas manifestacións ao meu entender son apresuradas, malintencionadas, inxustas e mesmo temerarias; dende logo ofenden a persoa, maltratan a familia dun inocente -mentres a Policia non demostre o contrario-, poñendoos contra a parede ante a súa veciñanza, quen de seguro os sinalará co dedo, deixandoos marcados. Se finalmente se demostrase a inocencia do implicado, a prensa empregaria os mesmos medios para desmentir o afirmado con anterioridade? Unha vez máis penso que -salvo casos contados- non vai ser asi.

Sem comentários: