Eye of Einstein
Unha das máis simpáticas ocurrencias do Sirciño de Punta Herminia foi a de prantexar a construcción dunha "Ponte Vecchio" na coruñesa avenida de Alfonso Molina.
Era unha máis de tantas excepcionais obras. Xa sabedes, o "trenecito chucuchú", a "Bola do Dragón" ascendendo cara o Monte de San Pedro, a "Mega Virxe do Carme"... O sirciño non deixaba de ter o puntiño exótico, louco e carnavaleiro. Xa estabamos afeitos a el... viña sendo tan folcloricamente
frique!!!
Creo que en certa maneira moitos coruñeses imolo botar de menos -non vexas- e se non... de quén van falar as comparsas nos vindeiros entroidos faltando el?
Recoñeceredes que o seu sustituto non che ten o seu "encanto" de Dandy de medio pelo aínda que sempre pode aprender.
Asdo.
Xoán de Requeixo.
1 comentário:
A pregunta que eu me fago non é tan cómica:
Acabarán sendo as obras do Porto Exterior da Cruña como as da Cidade da Cultura en Santiago?
Se é así... qué responsabilidade tería o seu máximo "promotor"???
Asdo.
Fernán da Veiga
Enviar um comentário