27.10.05

Bandeiras

"...todo depende del color del cristal con que se mira." Imaxinade a cara dos polís ao pé do mastro.

3 comentários:

Anónimo disse...

Amigo Xurxof

Eu estiven ese día pola rúa, o día en que colleron e puxeron no mastro a bandeira do colectivo homosexual e quedei moi aquelado co conto, fíxome moita gracia aínda que só durase un par de horiñas.

Qué queres que che diga... se me das a escoller trapiño, quizais me quede coa do gremio pero pq. é máis divertida e colorista.

Imaxino o careto do Paquito ao ver tal agravio!!! ja,ja... Lástima que non o poidan repetir... as risas serían aínda maiores.

Asdo.

Xoán de Requeixo

xurxof disse...

Home, pois eu pensei que se debía a maxia do photoshop (alias fototiendas), que o mesmo serve para quitar anos como cambiar cores... Alédome que fose tamén unha sustitución real.

Multidão disse...

O certo é que daquelas o mastro estaba baleiro. Foi despois do desfile militroncho hespanhueleiro de tanta caspa como pompa. O actual trapiño estaba aínda no taller da costureira, xa que é unha réplica da exposta o día do desfile.

Un colectivo, intelixente e rápido, aproveitou a ocasión para reivindicar o tema do matrimonio homosexual e tiveron esa idea tan orixinal coma brillante.

O caso é que durou pouco pq. a retiraron de seguido, non sei se eles ou ou a propia policia mais en calquer caso foi un acto simbólico moi simple e simpático, sobre todo pq. ninguén sabia nada do conto e foi toda unha sorpresa.

Por un momento pensei que o Sir de Punta Herminia toleara e, por fin, decidira sair tamén do armario, juas, juas.

Máis ou menos así foi o conto.

Asdo.

Fernán da Veiga.

Pd: Loxicamente tampouco habia escolta policial no poste.